Quince días para a recepción de artigos ao premio Borobó
Todos os interesados e interesadas en participar no I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó, teñen exactamente quince días como prazo máximo para presentar os seus artigos de opinión ao premio. Os traballos teñen que estar escritos en galego e a súa temática é libre. No caso de empate, o fallo recaerá sobre o escrito que reflicta unha estreita vinculación entre Santiago de Compostela e Galicia, ou ben que trate sobre calquera aspecto compostelán
Este premio ten unha dotación económica de 4.000 euros, xunto cunha peza que simboliza unha pluma de ouro. Tamén haberá dous accésits en prata e bronce, así como a publicación do artigo en diversos medios de comunicación. A extensión está limitada a 2.400 caracteres con espazos incluídos (pouco máis de medio folio) e o premio non poderá declararse deserto.















