Actualidade APSC
A FIP e a FEPALC condenan o brutal asasinato dun fotoperiodista en El Salvador
04-09-2009
A Federación Internacional de Periodistas (FIP) e a súa organización rexional, a Federación de Periodistas de América Latina e o Caribe (FEPALC) expresaron a súa condena máis enérxica polo asasinato do fotoperiodista hispano-francés, Christian Poveda. O seu corpo, tiroteado, atopouse nun suburbio da cidade de San Salvador, segundo confirmaron a policía e o Ministerio de Xustiza e Seguridade do Salvador.
Poveda, de 52 anos de idade, residía en El Salvador desde había uns anos e estaba moi vinculado con ese país, desde onde foi correspondente para diversos medios, especialmente franceses, durante o período da guerra civil salvadoreña (1980-1992). Realizou tamén a cobertura doutros conflitos internacionais e o seu traballo era coñecido en varios países europeos e latinoamericanos.















