Actualidade APSC

O Senado convoca a VI edición dos premios Luis Carandell de periodismo parlamentario

29-10-2009

A VI edición dos premios Luis Carandell de periodismo parlamentario, tanto audiovisual coma gráfico e escrito, outorga premios en dúas modalidades: “Cronista Parlamentario”, dotado de 10.000 euros e un agasallo institucional e “Cronista Senatorial”, cunha dotación de 6.000 euros e outro agasallo institucional.

Os candidatos, profesionais da información ou dos medios que destacaran pola divulgación das institucións parlamentarias, terán que ser propostos polas asociacións de periodistas, polos grupos parlamentarios ou por entidades recoñecidas que se dedican á defensa da democracia e dos dereitos humanos.

O prazo límite para a presentación das propostas finaliza o 22 de decembro de 2009. Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

Borobó contra Wallace Souza, gañador do Premio Borobó

24-10-2009

Borobó contra Wallace Souza, artigo de Xavier Lama, gañador do I Premio Raimundo García Domínguez, Borobó.

Foi un xornalista que facía agromar as palabras dun raro manancial no que converxen a dignidade e o sentimento gozoso da cultura. Nada que ver cos espadachíns do abrente que segan pescozos desde as columnas xornalísticas de neón. Tampouco pertencía á estirpe dos mefistofélicos que se venden ao mellor postor cun aceno cínico e un pasador inzado de billetes na gravata.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Borobó, despedido, accésit pluma de prata

24-10-2009

Borobó, despedido, artigo de Francisco Castro, premiado co accésit que representa unha pluma de prata no I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó.

(Un artigo crítico arredor da profesión e o exercicio do xornalismo hoxe)

Este é un artigo simple e pouco elaborado. Directo. Alguén dira: simplista e demagóxico. Tirádeo ao lixo. Este artigo quixera ser coma un Anaco. Que escribo, iso si, pola noite. E que quere falar de Borobó e do xornalismo que facemos hoxe. Ou igual non quero falar diso e do que quero falar é da crise. Da económica e da do xornalismo. Non o sei ben. En calquera caso é un anaco arroutado que nace dunha pregunta: ¿tería cabida un borobó nos medios de comunicación de hoxe en día?

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Carta do alén, accésit pluma de bronce

24-10-2009

Carta do alén, artigo de Mercedes Gualteria Pintos Barreiro, premiado co accésit que representa unha pluma de bronce no I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó.

No ceo non é doado atopar coñecidos, ao vastísimo espazo hai que sumar que moitos somos os benaventurados. Costa crelo mais, como di a cantiga popular, Deus todo o perdoa. Aquí cada quen anda ao seu: Don Ramón segue arredor de si tratando de rematar a historia do país, estalle custando pois desde que el falta, mudou moito; Castelao sempre cismando en Galicia é o que pior o leva, desespérase con tanto decreto antigalego e está organizando as ánimas sen nome que gardaron as fontes purísimas do noso xenio para mandar esa infinda moitedume de luciñas a defender a lingua; don Álvaro montou unha rebotica á que acoden os feirantes a latricar e tomar unhas cuncas, ás veces da unha volta ata Carcasona ou achégase a Verona para saudar á súa querida Xulieta… e así pasamos o tempo.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela entrega o Premio Borobó ao xornalista Xavier Lama

24-10-2009

lembranza

Na lembranza a Borobó, de esquerda a dereita, Benxamín Vázquez, Emilio Lavandeira, Raimundo García Paz e Luís Menéndez.

 

• Benxamín Vázquez, coordinador do certame: “Borobó é a memoria viva do xornalismo galego, unha memoria que non pode morrer”

• Os ponentes da mesa redonda destacan a importancia da análise, do compromiso e da especialización no xornalismo de opinión

 

O xornalista Xavier Lama, autor do artigo Borobó contra Wallace Sousa, resultou gañador do I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó, organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela. Os dous accésits foron para Francisco Castro por Borobó, despedido e para Mercedes Gualteria Pintos Barreiro por Carta do alén. O primeiro premio, un cheque de 4.000 euros e máis unha peza que representa unha pluma de ouro, xunto cos dous accésits, que representan unha pluma de prata e bronce, respectivamente, entregáronse hoxe, 24 de outubro, durante a celebración da I Xornada de Periodismo de Opinión, que se desenvolveu na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago.

A primeira hora da xornada estivo dedicada á lembranza de Raimundo García Domínguez, Borobó, por parte de Benxamín Vázquez, coordinador do certame, quen destacou que “Borobó pretendeu trazar a verdadeira historia de Galicia nos dous xornais de Compostela (por El Correo Gallego e La Noche), cidade na que quería facer cerne da terra. Tiña memoria para falar de medio mundo –ou do mundo enteiro. Non esqueceu nin renunciou nunca ao seu ideario, socialista e galeguista. Borobó é a memoria viva do xornalismo galego, unha memoria que non pode morrer.”
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A APSC condena a violencia contra os periodistas de TVG na manifestación a prol do galego

21-10-2009

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, en reunión ordinaria celebrada hoxe mércores, 21 de outubro de 2009, na súa sede, acordou condenar a actitude das persoas que o pasado domingo, en Santiago, durante a manifestación a prol do idioma galego, impedíronlle aos profesionais de TVG desenvolver o seu traballo de informar.

A APSC condena estas actitudes de intolerancia violenta contra os profesionais da información nesta e en calquera outra circunstancia, por considerar que se atenta contra a liberdade de información e expresión.

Actualidade APSC

Cincuenta e un orixinais concorren ao I Premio Borobó

21-10-2009

Un total de cincuenta e un orixinais concorreron ao I Premio Raimundo García Domínguez, “Borobó”, que se fallará o próximo sábado, día 24, no transcurso do “Certame e Xornada sobre Periodismo de Opinión”, que organiza a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

O xurado, integrado por seis xornalistas de recoñecido prestixio, emitiu as primeiras cualificacións sobre os artigos presentados e, sumadas as puntuacións que outorgou a cada traballo, quedan como once finalistas os seguintes títulos e lemas: “Borobó despedido”, “Borobó contra Wallace Souza”, “Ollos, línguas, corazóns”, “Pecados modernos”, “De contactos”, “Carta do Alén”, “Anacos de Compostela”, “A lección do mestre”, “Columnas en cursiva”, “Galeguiñismo” e “Polo camiño con Juliette Gréco”.

Non obstante, ata a clausura da Xornada, que se celebrará na sede compostelán da Fundación Caixa Galicia, en Rúa do Vilar nº 19, non se coñecerá o gañador do “I Premio Borobó”, dotado con catro mil euros e unha peza que representa una “Pluma de Ouro”, nin se saberá os que van obter as plumas de Prata e Bronce,  como primeiro e segundo accésit, respectivamente.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A FAPE estuda as leis de transparencia informativa nos Estados Unidos

20-10-2009

luis_tom

Durante a estadía nos Estados Unidos houbo tempo para visitar diversos medios de comunicación. Na foto, Luís Menéndez conversando con Tom Torock, un dos editores do New York Times, na redacción do diario neoiorquino.

 

O membro da executiva de FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España)  e presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), Luís Menéndez, está a rematar estes días unha estadía en Washington e Nova York formando parte dun grupo interdisciplinar español que está a estudar a implementación da Freedom of Information Act (FOIA) nos Estados Unidos. Esta lei, aprobada en 1966, é dunha importancia capital para os medios de comunicación e a sociedade estadounidense porque obriga á Administración a proporcionar información a calquera cidadán que o demande, como unha obriga oficial. En caso de denegación intervén a xustiza en favor do cidadán. Pero esta lei ten tamén os seus límites xa que hai aspectos que non son susceptibles de ser revelados, sobre todo os que atinxen á seguridade nacional. En calquera caso é fundamental para os medios de comunicación, xa que editores e xornalistas utilízana con frecuencia, aínda que non sempre con éxito, para recabar información dos arquivos oficiais ou dos departamentos de goberno.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC presenta un servizo médico para a detección precoz do cancro de mama

19-10-2009
10102009
 De esquerda a dereita, Nicolás Corzo; Manuel L. Torrente; Áurea Sánchez e Marcos Calvo

 

A Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) presentou no Club Internacional de Prensa hoxe, xornada en que se conmemora o Día Mundial contra o Cancro de Mama, un novo servizo médico para a detección precoz do cancro de mama. Este servizo está destinado ás socias e a todas aquelas mulleres que estean no ámbito do convenio asinado con FAMEDIC, como son cónxuxes de asociados da APSC.

Segundo explicou Nicolás Corzo, delegado en Galicia de FAMEDIC, esta empresa de servizos sanitarios, en colaboración coa clínica Gaiás de Santiago de Compostela, entregará un bono para a realización dunha ecografía a todas aquelas persoas interesadas, que deberán poñerse en contacto coa APSC.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC presenta un novo servizo médico

15-10-2009

A Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) convoca para o luns, 19 de outubro, ás 11:00h no Club Internacional de Prensa (CIP) unha rolda na que se presentará un novo servizo médico relativo a probas de detección precoz do cancro, na xornada en que se celebra o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Haberá café para os asistentes.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Outubro 2009
L M M X V S D
« Set   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.