Actualidade APSC

Oferta de emprego para a Axencia Europea de Seguridade Aérea

02-10-2009

A Axencia Europea de Seguridade Aérea (AESA), unha axencia da Unión Europea con cometidos específicos en seguridade aérea, acepta solicitudes para o posto de empregado en seguridade da información e as comunicacións, dentro do departamento de comunicación da Dirección Executiva da axencia, que ten a súa sede en Colonia, Alemania. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o día 5 de outubro de 2009.

Para máis información, pulse nesta ligazón e consulte o documento.
Pode consultar tamén a web da Axencia na dirección: http://www.easa.europa.eu

Actualidade APSC

Unha semana para o envío de artigos ao premio Borobó

02-10-2009

Queda unha semana para que os interesados e interesadas en participar no I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó envíen os seus artigos de opinión á sede da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela. O premio, cunha dotación de 4.000 euros, outorgarase durante a celebración da I Xornada sobre Periodismo de Opinión, que se desenvolverá o 24 de outubro de 2009. O obxectivo deste certame é honrar a memoria e o labor periodístico de Borobó, o promotor da xeración de La Noche.

O prazo de envío de artigos para concurso finaliza o 10 de outubro de 2009. Na primeira edición deste certame poderán participar persoas maiores de idade de calquera nacionalidade. Os participantes poden entregar varios traballos inéditos, sempre e cando os presenten por separado. Os artigos teñen que estar redactados en galego, de acordo coa normativa da Real Academia Galega. A temática é libre, aínda que no caso de empate, o fallo recaerá sobre o escrito que reflicta unha estreita vinculación entre Santiago de Compostela e Galicia, ou ben que trate sobre calquera aspecto compostelán.

Para máis información, consulte a seguinte ligazón:
http://periodistascompostela.org/index.php/a-asociacion/certame-raimundo-garcia-dominguez-borobo/

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Outubro 2009
L M M X V S D
« Set   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.