Actualidade APSC
Descontos entre o 50% e o 60% en General Óptica
05-10-2009
Os socios e socias teñen un desconto de más do 50% en gafas graduadas con cristais antirreflexos, monofocais, e de máis do 60% en lentes progresivas. En ambas as dúas opcións, as monturas son a escoller dentro do surtido promocional e cristais orgánicos e endurecidos.
O acordo de colaboración asinado entre FAPE e General Óptica, que posúe máis de 200 establecementos por España, tamén presenta unha redución do 50% na compra da Tarxeta Privilege para tres anos con máis vantaxes e descontos para titular e tres beneficiarios á súa elección.















