A FAPE estuda as leis de transparencia informativa nos Estados Unidos

luis_tom

Durante a estadía nos Estados Unidos houbo tempo para visitar diversos medios de comunicación. Na foto, Luís Menéndez conversando con Tom Torock, un dos editores do New York Times, na redacción do diario neoiorquino.

 

O membro da executiva de FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España)  e presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), Luís Menéndez, está a rematar estes días unha estadía en Washington e Nova York formando parte dun grupo interdisciplinar español que está a estudar a implementación da Freedom of Information Act (FOIA) nos Estados Unidos. Esta lei, aprobada en 1966, é dunha importancia capital para os medios de comunicación e a sociedade estadounidense porque obriga á Administración a proporcionar información a calquera cidadán que o demande, como unha obriga oficial. En caso de denegación intervén a xustiza en favor do cidadán. Pero esta lei ten tamén os seus límites xa que hai aspectos que non son susceptibles de ser revelados, sobre todo os que atinxen á seguridade nacional. En calquera caso é fundamental para os medios de comunicación, xa que editores e xornalistas utilízana con frecuencia, aínda que non sempre con éxito, para recabar información dos arquivos oficiais ou dos departamentos de goberno.

Esta visita, da que forman parte catedráticos de Dereito, profesores das Universidades de Sevilla e Barcelona, da Generalitat de Catalunya e xornalistas como Borja Bergareche, de ABC, e o propio Luís Menéndez, ten sentido en función de que o goberno de España acordou poñer en marcha unha iniciativa semellante nesta lexislatura. Así, a FAPE participará coas súas contribucións e as aspiracións dos xornalistas españois durante o debate da futura lei española de transparencia.

Entre as entrevistas e encontros realizados estes días destacan os mantidos con Tom Blanton, director do Arquivo da Seguridade Nacional, Debra Gersch coordinadora do Sunshine Week, unha publicación dedicada á polític actual de Open Government do  presidente Obama, directivos do Departamento de Estado e do Banco Mundial, de asociacións de xornalistas como a Reporters Committe for Freedom of the Press e da Universidade de Columbia.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Outubro 2009
L M M X V S D
« Set   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.