Actualidade APSC

Ata un 20% de descontos en High Tech e Petit Palace Hoteles

27-11-2009

Os periodistas de FAPE teñen un 10% de desconto sobre a mellor tarifa dispoñible a través da web www.hthoteles.com, canle reservas empresas. A rebaixa será do 20% se a reserva se efectúa con 21 días de antelación ou se reservan 5 ou máis habitacións ou noites. Previamente deberán solicitarse as claves de acceso ao enderezo electrónico comeralc@hthoteles.com

Actualidade APSC

A Federación Internacional de Periodistas reclama accións urxentes contra o masacre dos xornalistas filipinos

25-11-2009

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) fixo unha chamada á comunidade internacional para que demande unha investigación exhaustiva e leve ante a xustiza a aqueles responsables do maior masacre de xornalistas na historia recente das Filipinas.

A súa chamada prodúcese despois de que polo menos 12 xornalistas foran asasinados cando un convoi político dunhas 36 persoas sufrise unha emboscada en Maguindanao, provincia das Filipinas do Sur. Aidan White, o Secretario Xeral da FIP, reclamou “unha resposta firme e urxente do goberno filipino e da comunidade internacional”.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Manifesto da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC no día internacional contra a violencia de xénero

25-11-2009

No día contra a violencia de xénero, a Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela quere manifestar:

-a solidariedade con todas as mulleres, especialmente coas que sufriron ou sofren violencia polo feito de pertenceren ao xénero feminino. E non nos referimos a sociedades e culturas afastadas de nós, polo contrario, hai que recordar que, segundo Amnistía Internacional, a violencia de xénero é a primeira causa de morte en Europa en mulleres entre 16 e 44 anos.

-A lexislación contra o maltrato non é suficiente para erradicar da sociedade a violencia contra as mulleres. Desde a AMX pensamos que os medios de comunicación deben colaborar no cambio de mentalidades e en facer posible a igualdade de trato en todos os ámbitos da vida.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

“Cuídate de tus artículos, antes de que tú te conviertas en noticia”

24-11-2009

lydia

Lydia Cacho. Foto: Pablo Moreno

 

“Cuídate de tus artículos, antes de que tú te conviertas en noticia”, esta e a frase que empregou Lydia Cacho, recollida nunha nota sobre o cadáver dun periodista mexicano, para ilustrar o clima de violencia e censura que sofren os profesionais da información en México.

A periodista e escritora, de visita en España para recoller o premio contra a violencia de xénero que outorga a Fundación Isonomía, condeceu unha rolda de prensa na sede da Asociación da Prensa de Madrid. Lydia Cacho achegou unha descrición pormenorizada do estado da liberdade de prensa no seu país, con 19 periodistas mortos no que vai de ano.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A prensa na era de Internet: novas canles e novos modos de consumo

23-11-2009

O paso do papel á rede supón unha grave caída de ingresos no sector da prensa (un 9,1% menos en 2008 fronte a 2007). O seu futuro depende do desenvolvemento de novos modos de presentación, novas formas de monetización (subscricións e micropagamentos) e unha mellor posta en valor do soporte publicitario, todo para adaptarse ao máximo ás expectativas dos novos consumidores de contidos. Este é o contido da mesa redonda de FICOD 09, o Foro Internacional de Contenidos Digitales.

Para acceder ao contido desta mesa redonda de FICOD 09, pulse aquí e vexa o vídeo.

Modera Asís Martín de Cabiedes, presidente de Europa Press. E como poñentes, Cristina Martín, directora de Desenvolvemento e Operacións Dixitais de El País; Gumersindo Lafuente, fundador de Soitu.es; Emilio Plana, representado a Unedisa; Manuel Erice, subdirector de ABC e ABC.es; Javier Junco, director xeral de Hola.com e director de expansión internacional Hola e Hello e Juan Varela, de Periodistas21.

Actualidade APSC

2000 euros para os premios de periodismo Ciudad de Guadix

20-11-2009

Os premios de periodismo Ciudad de Guadix entregaránse aos tres mellores traballos, sen distinción entre modalidades. A data límite para a entrega é o 31 de decembro de 2009. Poderán participar todos aqueles traballos publicados ou emitidos en calquera medio durante o 2009 e deberán tratara sobre a cidade de Guadix, as súas cousas, costumes, xente e peculiaridades.
Poderán participar profesionais de calquera nacionalidade sen límite de idade. Os premios están convocados polo Concello de Guadix en colaboración coa Asociación da Prensa de Granada.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

A FAPE incorpora tres novas asociacións vinculadas

19-11-2009

A Federación Española de Escritores y Periodistas de Turismo (FETEP), a Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIE) e a Asociación de Periodistas Parlamentarios de España (APAE) acaban de incorporarse á Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) como asociacións vinculadas. Algo máis de 5.000 membros, entre as tres asociacións, que se suman aos 14.500 socios que xa ten FAPE.

Deste xeito súmanse ás dez organizacións vinculadas existentes e ás 48 asociacións federadas que integran a FAPE. Os membros destas asociacións que cumpran os requisitos de admisión na FAPE gozarán do mesmo estatus que o resto de asociados. Dispoñen así de servizos como asesoría xurídica, fiscal e laboral gratuíta, descontos en viaxes, hoteis, seguros, automóbiles, compras ou formación.

Actualidade APSC

Últimos acordos en servizos para titulares do carné FAPE

13-11-2009

Aluguer de vehículos, vantaxes en compra de tarxetas para TDT ou reservas en aloxamentos on line son algúns dos últimos acordos na área de servizos que a Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) lles ofrece aos titulares do seu carné. A área de servizos de FAPE lémbralles aos titulares do carné que o acceso aos museos en xeral en Alemania é gratuíto, e, en moitos casos, mesmo con dereito a guía. Tanto en Berlín como noutras cidades, se se identifica como xornalista coa tarxeta FAPE, permítese a entrada libre de gastos. En certos museos do resto de países da Unión Europea tamén se acepta o carné de FAPE para visitas gratuítas.

Nacional Atesa (www.atesa.es) ofrece un acordo preferente con descontos e vantaxes en toda a súa gama de turismos e vehículos industriais, tanto para a península como para as illas Baleares. Todos os alugueres inclúen os seguros obligatorios de colisión, roubo e ocupantes, así coma o servicio de asistencia en estradas durante todo o ano. 

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

O Observatorio da crise que dirixe a FAPE rexistra a destrución de máis de 3.000 postos de traballo nos medios españois

09-11-2009

O Observatorio da crise que dirixe a Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) rebasou a cifra de 3.000 postos de traballo destruídos nos medios de comunicación españois, desde novembro de 2008, data en que se puxo en funcionamento o Observatorio, como consecuencia da crise.

A Federación lamenta a devastación que sofre a industria e advirte que desmantelando as redaccións só se acadarán sociedades máis desinformadas e menos democráticas. A FAPE, con 48 asociacións federadas, 10 vinculadas e máis de 14.500 periodistas asociados, quere facer pública a súa solidariedade cos traballadores despedidos. Magis Iglesias, presidenta da Federación indicou a este respecto que “os principios éticos, os valores do periodismo e a calidade son a nosa táboa de salvación.”

Actualidade APSC

Mobilizacións contra a precariedade laboral dos xornalistas

04-11-2009

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) realiza unha chamada a uns 600.000 profesionais de máis dun cento de países para mobilizárense mañá, 5 de novembro de 2009, contra a precariedade laboral e co obxectivo de defender o emprego nos medios de comunicación. O lema de todos estes actos é “En pie por el periodismo”, motivo da convocatoria anual internacional que realiza a FIP.

En España, a Federación de Sindicatos de Periodistas e todos os seus sindicatos afiliados organizan unha serie de actos de protesta baixo o lema “Nuestra precariedad es tu desinformación”, que se desenvolverán en prazas e facultades de Ciencias da Información. Nos medios, as plantillas tamén realizarán concentracións simbólicas con paros para ler o manifesto de denuncia da Federación (FeSP).

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Novembro 2009
L M M X V S D
« Out   Dec »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.