Actualidade APSC

A FAPE e a AEEPP coordinan esforzos para a defensa dos sectores periodístico e editorial

03-11-2009

A Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) e a Asociación Española de Editoriales de Publicaciones Periódicas (AEEPP) comprometéronse onte a traballar coordinadamente na defensa do sector periodístico e editorial. A FAPE (con 48 asociacións federadas, 10 vinculadas e máis de 14.500 asociadas) e a AEEPP (140 empresas membro, máis de 600 cabeceiras integradas, 100 millóns de exemplares ao mes de tirada conxunta) acordaron xuntar esforzos en temas como as axudas á prensa.

Tamén se comprometeron a que a adxudicación de axudas se destine á inversión en innovación e ao desenvolvemento de plans formativos dirixidos a fomentar o cambio de modelo. Ambas as dúas asociacións contemplan a adxudicación de subvencións para a distribución de prensa gratuíta nas escolas, coa excepción das publicacións que presentan publicidade nas súas páxinas, para contribuír ao Plan Nacional de Fomento da Lectura. FAPE e AEEPP propoñen a creación inmediata dunha mesa do sector en que as administracións públicas e todos os axentes discutan sobre medidas axuden a saír da crise.

Actualidade APSC

As Asociacións da Presa de A Coruña, Madrid e a APSC presentan “Alfredo Vicenti: vida y obra de un gran periodista”

03-11-2009

O periodista Baldomero Cores Trasmonte, vogal da xunta directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, presenta o 4 de novembro ás 20:00 h na sede da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande de A Coruña, a súa obra: Alfredo Vicenti: vida y obra de un gran periodista. O libro está editado de forma conxunta polas Asociacións da Prensa de A Coruña, Madrid e a APSC.

Alfredo Vicenti (Santiago,1850-Madrid, 1916), periodista, escritor e político, foi o gran promotor, a finais do século XIX, da Asociación da Prensa de Madrid. Médico, poeta, republicano e federal, Vicenti formouse desde mozo no Diario de Santiago. Por discrepancias coa curia eclesiástica abandonou a cidade e instalouse en Madrid, onde, influído por Murguía, formou parte de La Ilustración Gallega y Asturiana. Vicenti dirixiu El Globo e El Liberal, un dos diarios máis importantes da súa época. O seu “maxisterio” trascendeu e os seus “discípulos” elevárono á categoría de “mestre de mestres” do xornalismo.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Novembro 2009
L M M X V S D
« Out   Dec »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.