As Asociacións da Presa de A Coruña, Madrid e a APSC presentan “Alfredo Vicenti: vida y obra de un gran periodista”
O periodista Baldomero Cores Trasmonte, vogal da xunta directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, presenta o 4 de novembro ás 20:00 h na sede da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande de A Coruña, a súa obra: Alfredo Vicenti: vida y obra de un gran periodista. O libro está editado de forma conxunta polas Asociacións da Prensa de A Coruña, Madrid e a APSC.
Alfredo Vicenti (Santiago,1850-Madrid, 1916), periodista, escritor e político, foi o gran promotor, a finais do século XIX, da Asociación da Prensa de Madrid. Médico, poeta, republicano e federal, Vicenti formouse desde mozo no Diario de Santiago. Por discrepancias coa curia eclesiástica abandonou a cidade e instalouse en Madrid, onde, influído por Murguía, formou parte de La Ilustración Gallega y Asturiana. Vicenti dirixiu El Globo e El Liberal, un dos diarios máis importantes da súa época. O seu “maxisterio” trascendeu e os seus “discípulos” elevárono á categoría de “mestre de mestres” do xornalismo.















