Actualidade APSC
O Observatorio da crise que dirixe a FAPE rexistra a destrución de máis de 3.000 postos de traballo nos medios españois
09-11-2009
O Observatorio da crise que dirixe a Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) rebasou a cifra de 3.000 postos de traballo destruídos nos medios de comunicación españois, desde novembro de 2008, data en que se puxo en funcionamento o Observatorio, como consecuencia da crise.
A Federación lamenta a devastación que sofre a industria e advirte que desmantelando as redaccións só se acadarán sociedades máis desinformadas e menos democráticas. A FAPE, con 48 asociacións federadas, 10 vinculadas e máis de 14.500 periodistas asociados, quere facer pública a súa solidariedade cos traballadores despedidos. Magis Iglesias, presidenta da Federación indicou a este respecto que “os principios éticos, os valores do periodismo e a calidade son a nosa táboa de salvación.”















