Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

Telemadrid obrigada a negociar un Consello e un Estatuto Profesional da Redacción

29-12-2009

A xustiza obriga á dirección da televisión autonómica de Madrid a negociar un Consello e un Estatuto Profesional da Redacción, algo que reclamaban desde hai tempo os periodistas e máis a representación sindical, segundo a información que publica www.nuevatribuna.es.

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid desestimou o recurso presentado polo Ente Público Radio Televión de Madrid contra a sentenza que lles daba a razón aos sindicatos na súa pretensión de converterense en interlocutores para negociar coa dirección tanto o Consello coma o Estatuto Profesional da Redacción.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Cadro de FAMEDIC actualizado e dispoñibilidade de bonos para ecografías

25-12-2009

Os socios da APSC poderán seguir empregando os servizos médicos concertados con FAMEDIC durante o ano 2.010. A partir de mediados de  febreiro empezarán a repartirse as novas tarxetas polo que todos os que queiran facer algún tipo de modificación nos seus datos deben facelo  saber canto antes. Por outro lado xa se están repartindo os bonos para facer as ecografías mamarias na clínica Gaiás. Lembramos que corresponde un bono por cada asociado e que este servizo é totalmente libre de custo para nós xa que os gastos corren a cargo de FAMEDIC.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Asemblea Ordinaria Anual 2009

19-12-2009

O pasado venres 18 tivo lugar a Asemblea Ordinaria Anual da APSC na que se deu conta de todas as actividades despregadas ao longo do ano que remata, as perspectivas para o ano que vén, a situación financeira e outros asuntos coma o significativo aumento dos servicios para os socios da APSC con carnet de FAPE, a actividade da Asociación de Mulleres Xornalistas integrada dentro da APSC, e numerosos asuntos de interese para os socios que constataron un importante aumento do censo durante os últimos meses. Concretamente a APSC ten neste momento 137 socios. Posteriormente tivo lugar a tradicional cea de confraternización.

Actualidade APSC

Prensa (en) tendida, publicacións periódicas en Compostela

17-12-2009

prensaentendida

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela inaugurarou hoxe, 17 de decembro, a exposición Prensa (en) tendida, publicacións periódicas en Compostela no Centro Sociocultural de Vite. Con esta mostra, a APSC quere dar a coñecer ao público a grande cantidade e variedade das publicacións periódicas que se editan na cidade compostelá.

Uns 150 exemplares ilustran esta mostra na que se realiza unha comparación cun proceso de lavado e secado da roupa. As publicacións penduran nun conxunto de tendais; en mesas de pasar o ferro ou mesmo en cestos de roupa. Os exemplares estan accesibles ao público. Xornais, revistas, anuarios, memorias e boletíns son exemplos das 300 publicacións que conviven en Compostela e que abranguen variedade de ámbitos e promotores, desde a universidade, pasando pola administración autonómica ata os máis variados axentes sociais: escolas, institutos, asociacións, sindicatos, empresas, arzobispado, etc.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Fundación Galega contra o Narcotráfico premia a Manuel L.Torrente, socio da APSC

17-12-2009

torrente

Manuel L. Torrente, terceiro pola esquerda, co premio Nécora de Ouro

 

O xornalista e socio da APSC, Manuel L. Torrente recibe hoxe á tarde o premio Nécora de Ouro 2009 que entrega a Fundación Galega contra o Narcotráfico na súa gala anual. Este recoñecemento distingue o labor realizado na loita contra o narcotráfico e as súas consecuencias desde o ámbito social, económico, policial, xudicial, educativo e sanitario, entre outros.

Manuel L. Torrente é galardoado con este premio pola súa estreita colaboración coa Fundación, que se prolonga por quince anos, en diversas frontes na loita contra o tráfico de drogas.

Actualidade APSC

18ª edición dos premios Diageo de periodismo económico

17-12-2009

O premio Diageo Joven y Brillante 2010 de Periodismo Económico abre o prazo de presentación de candidaturas ata o 5 de abril de 2010. Esta convocatoria ten por obxectivo distinguir a traxectoria da calidade e rigor dun profesional ou dun equipo de traballo no exercicio da información económica. A súa dotación é de 12.000 euros para o primeiro premio; 6.000 euros para o segundo; 4.000 para o terceiro premio e un accésit de 3.000 euros.

Para poder participar é necesario que os profesionais teñan unha idade máxima de 35 anos a 31 de decembro de 2009. Os artigos, reportaxes e informacións deberán ter sido publicadas, emitidas ou transmitidas durante o ano 2009.

Pulse aquí para consultar con máis detalle as bases do premio.

Actualidade APSC

A Asociación de Periodistas de Santiago inaugura unha exposición de publicacións periódicas que se editan na cidade

15-12-2009

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela inaugurará a exposición Prensa (en) tendida, publicacións periódicas de Compostela o vindeiro xoves, 17 de decembro ás 19:00 h no Centro Sociocultural de Vite. Con esta mostra, a APSC quere dar a coñecer ao público a grande cantidade e variedade das publicacións periódicas que se editan na cidade compostelá.

Xornais, revistas, anuarios, memorias e boletíns son exemplos das 300 publicacións que conviven en Compostela e que abranguen ámbitos como a cultura, as humanidades, a política, a economía, a ciencia, a investigación ou as novas tecnoloxías. Tamén cómpre destacar a variedade de promotores, desde o ámbito universitario, pasando pola administración autonómica ata os máis variados axentes sociais: escolas, institutos, asociacións, sindicatos, empresas, arzobispado, etc.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A socia da APSC, Isabel Menéndez recibiu o III Premio de Investigación sobre Violencia de Xénero

11-12-2009

isabelmenendez

A nosa compañeira e periodista Isabel Menéndez recibiu onte o III Premio de Investigación sobre Violencia de Xénero da Universidade das Illas Baleares (UIB) polo seu traballo “Representación mediática de la violencia de género. Análisis de la prensa balear (2004-2008)”.

O premio foi entregado no campus universitario de Palma pola Cátedra de Estudios de Violencia de Género da UIB e polo Instituto Balear de la Dona, que teñen por obxectivos a contribución ao coñecemento e á difusión dos problemas relacionados coa violencia de xénero.

Actualidade APSC

Prensa (en) tendida, publicacións periódicas en Compostela

10-12-2009

cartel

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) inaugura o vindeiro xoves 17 de decembro ás 19:00 h no Centro Sociocultural de Vite unha exposición itinerante que percorrerá os centros socioculturais de Santiago baixo o título de Prensa (en) tendida, publicacións periódicas en Compostela.

A través desta exposición, que xoga cunha comparación da variedade de roupa despregada en tendais, a APSC quere dar a coñecer unha mostra da cantidade de publicacións periódicas que se editan en Compostela, ao redor dunhas 300; así como a diversidade temáticas e de ámbitos de difusión, tiraxes, distribución, idioma e periodicidade.

Actualidade APSC

A FAPE condena a agresión contra o xornalista Herman Terstch

10-12-2009

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) condena a agresión que  sufriu o periodista Herman Terstch, director de Diario de la Noche, de Telemadrid, o pasado 8 de decembro.

A FAPE lamenta o uso da violencia en todas as súas manifestacións, sobre todo cando se dirixe a xornalistas que cumpren o seu traballo de informar.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Decembro 2009
D L M M X V S
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.