A ONCE convoca a XII edición dos premios TIFLOS de Periodismo
Os premios TIFLOS de Periodismo que convoca a ONCE teñen por obxectivo gratificar aqueles traballos que mellor exalten os valores relacionados coa integración das persoas con discapacidade e coa supresión de barreiras, físicas e mentais, que impón a sociedade. Para iso outorga un premio de 9.000 euros para cada unha das catro modalidades: prensa, radio, tv e prensa dixital.
O prazo de presentación está aberto ata o 15 de xaneiro de 2010; teñen que ter sido publicados ou emitidos durante o 2009. Ademais poden presentarse traballos en todas as linguas oficiais do Estado.















