Payday loans Car insurance

III festa da liberdade de expresión en apoio a xornalistas encarcerados

Reporteros sin Fronteras e Asociación da Prensa de Almería celebran a III edición da festa da liberdade de expresión dedicada ao xornalistas que están en prisión. A organización convoca cada 10 de decembro o Día de Apoio ao Periodistas encarcerados no mundo, acción coa que pretende dar a coñecer a situación de xornalistas que sofren esta situación; así como transmitirlles o seu apoio.

A Asociación da Prensa de Almería súmase este ano á convocatoria e realiza o apadriñamento de Miguel Galván, xornalista cubano detido en 2003 e condenado a 26 años de cárcere, acusado de ser “un mercenario ao servizo dunha potencia estranxeira”.

Para celebrar este evento, Reporteros sin Fronteras elaborou un manifesto no que explica que, na actualidade, 177 periodistas se atopan en prisións de diversos países e o seu crime consiste en ter divulgado informacións molestas para os gobernos, reclamar un respecto maior polas libertades individuais e os dereitos humanos ou non someterse a ningún tipo de censura. Segundo explica o manifesto da organización, moitos dos encarceramentos prodúcense en situacións físicas e psíquicas de gran dureza. Para evitar que caian no esquecemento propoñen o apadriñamento como unha forma de protección, para que a opinión pública sexa consciente da realidade.

Tanto Reporteros sin Fronteras como a Asociación da Prensa de Almería manteñen que a liberdade de prensa é imprescindible para unha sociedade democrática e polo tanto cómpre protexer a aqueles que intentan facer valer estes dereitos, especialmente a quen os impulsa profesionalmente: periodistas, fotógrafos e reporteiros en calquera ámbito.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Decembro 2009
D L M M X V S
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.