Actualidade APSC
Prensa (en) tendida, publicacións periódicas en Compostela
10-12-2009
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) inaugura o vindeiro xoves 17 de decembro ás 19:00 h no Centro Sociocultural de Vite unha exposición itinerante que percorrerá os centros socioculturais de Santiago baixo o título de Prensa (en) tendida, publicacións periódicas en Compostela.
A través desta exposición, que xoga cunha comparación da variedade de roupa despregada en tendais, a APSC quere dar a coñecer unha mostra da cantidade de publicacións periódicas que se editan en Compostela, ao redor dunhas 300; así como a diversidade temáticas e de ámbitos de difusión, tiraxes, distribución, idioma e periodicidade.
















