Payday loans Car insurance

A Asociación de Periodistas de Santiago inaugura unha exposición de publicacións periódicas que se editan na cidade

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela inaugurará a exposición Prensa (en) tendida, publicacións periódicas de Compostela o vindeiro xoves, 17 de decembro ás 19:00 h no Centro Sociocultural de Vite. Con esta mostra, a APSC quere dar a coñecer ao público a grande cantidade e variedade das publicacións periódicas que se editan na cidade compostelá.

Xornais, revistas, anuarios, memorias e boletíns son exemplos das 300 publicacións que conviven en Compostela e que abranguen ámbitos como a cultura, as humanidades, a política, a economía, a ciencia, a investigación ou as novas tecnoloxías. Tamén cómpre destacar a variedade de promotores, desde o ámbito universitario, pasando pola administración autonómica ata os máis variados axentes sociais: escolas, institutos, asociacións, sindicatos, empresas, arzobispado, etc.

Máis dun cento de exemplares ilustrarán esta mostra baixo o título de Prensa (en) tendida, na que se realiza unha comparación cun proceso de lavado e secado da roupa. Así, a través dunha serie de paneis informativos achegaranse datos, gráficas e porcentaxes relativas referidas á temática, promotores, tipoloxías, ámbito de distribución ou lingua. Por outra parte, as publicacións pendurarán nun conxunto de tendais; nunha mesa de pasar o ferro ou mesmo en cestos de roupa. Os exemplares estarán accesibles para que o público os poida palpar e manexar.

A exposición, en definiva, pretende amosar que Santiago de Compostela é o centro de publicación de prensa periódica máis importante de Galicia. Prensa (en) tendida é unha exposición de carácter itinerante e percorrerá os centros socioculturais da cidade. A mostra da APSC conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago. A súa execución correu a cargo da empresa Holística.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Decembro 2009
D L M M X V S
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.