A Fundación Galega contra o Narcotráfico premia a Manuel L.Torrente, socio da APSC
Manuel L. Torrente, terceiro pola esquerda, co premio Nécora de Ouro
O xornalista e socio da APSC, Manuel L. Torrente recibe hoxe á tarde o premio Nécora de Ouro 2009 que entrega a Fundación Galega contra o Narcotráfico na súa gala anual. Este recoñecemento distingue o labor realizado na loita contra o narcotráfico e as súas consecuencias desde o ámbito social, económico, policial, xudicial, educativo e sanitario, entre outros.
Manuel L. Torrente é galardoado con este premio pola súa estreita colaboración coa Fundación, que se prolonga por quince anos, en diversas frontes na loita contra o tráfico de drogas.
















