Prensa (en) tendida, publicacións periódicas en Compostela

prensaentendida

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela inaugurarou hoxe, 17 de decembro, a exposición Prensa (en) tendida, publicacións periódicas en Compostela no Centro Sociocultural de Vite. Con esta mostra, a APSC quere dar a coñecer ao público a grande cantidade e variedade das publicacións periódicas que se editan na cidade compostelá.

Uns 150 exemplares ilustran esta mostra na que se realiza unha comparación cun proceso de lavado e secado da roupa. As publicacións penduran nun conxunto de tendais; en mesas de pasar o ferro ou mesmo en cestos de roupa. Os exemplares estan accesibles ao público. Xornais, revistas, anuarios, memorias e boletíns son exemplos das 300 publicacións que conviven en Compostela e que abranguen variedade de ámbitos e promotores, desde a universidade, pasando pola administración autonómica ata os máis variados axentes sociais: escolas, institutos, asociacións, sindicatos, empresas, arzobispado, etc.

Prensa (en) tendida é unha exposición de carácter itinerante e percorrerá os centros socioculturais da cidade. A mostra da APSC conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago. A súa execución correu a cargo da empresa Holística.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.