Telemadrid obrigada a negociar un Consello e un Estatuto Profesional da Redacción

A xustiza obriga á dirección da televisión autonómica de Madrid a negociar un Consello e un Estatuto Profesional da Redacción, algo que reclamaban desde hai tempo os periodistas e máis a representación sindical, segundo a información que publica www.nuevatribuna.es.

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid desestimou o recurso presentado polo Ente Público Radio Televión de Madrid contra a sentenza que lles daba a razón aos sindicatos na súa pretensión de converterense en interlocutores para negociar coa dirección tanto o Consello coma o Estatuto Profesional da Redacción.

A sentenza lembra que a negociación para a posta en funcionamento dun Consello e Estatuto Profesional forma parte do artigo 64 do IX Convenio Colectivo.

Os sindicatos consideran que esta decisión é fundamental para “a xestión negociada e dialogada da empresa pública” e pídenlle á dirección unha negociación inmediata para recuperar “a credibilidade dos servizos informativos” da canle.

Pulse aquí para ler a orixe da noticia.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Decembro 2009
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.