Actualidade APSC

A Asociación de periodistas de Santiago rexeita o atentado contra Roberto Blanco Valdés

28-01-2010

Ataque á liberdade de expresión

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) rexeita de modo enérxico e contundente o atentado con explosivo que tivo lugar no día de hoxe contra o catedrático da Universidade de Santiago e asiduo contertulio en medios de comunicación galegos, Roberto Blanco Valdés. A explosión, que so causou danos materiais por sorte, produciuse na vivenda habitual de Roberto Blanco, nas inmediacións da capital galega. A APSC considera sen lugar a dúbidas que se trata dunha acción intimidatoria de grupos radicais que non toleran a liberdade de expresión nin a discrepancia dialéctica en democracia. A APSC quere amosar toda a súa solidariedade e afecto con Roberto Blanco e a súa familia.

Directiva APSC

Actualidade APSC

Prezos reducidos para os asociados nos cursos náuticos do Multiusos do Sar

25-01-2010

Os asociados á Asociación de Periodistas de Santiago e os seus familiares poderán beneficiarse do mesmo prezo reducido que os abonados ao Multiusos do Sar de Santiago nos cursos náuticos que se celebran nesta instalación compostelá ao longo do ano.  Estes cursos, ademais de habilitar oficialmente para o manexo de embarcacións de lecer e ser valorados en moitas empresas, proporcionan aos compañeiros xornalistas uns coñecementos náuticos case imprescindibles nun país como Galicia no que as informacións marítimas ou referenciadas ao mar ocupan un considerable espazo nos medios de comunicación.  
O primeiro curso será de PER (Patrón de Embarcacións de Lecer), que é o máis demandado,  e iníciase o próximo día 1 de febreiro.  O calendario para este ano  2010 é o seguinte:   

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Circular 1/2010. Área de servicios del carné FAPE

25-01-2010

A TODAS LAS ASOCIACIONES FEDERADAS Y VINCULADAS

Ofrecemos un resumen de las actualizaciones y últimos acuerdos alcanzados en el área de Servicios - Carné FAPE. Siempre es importante consultar nuestra web www.fape.es canal Servicios.

PARADORES, HOTELES Y BALNEARIOS

Barceló Hotels & Resorts
www.barcelo.com
Esta cadena hotelera ofrece a los asociados de FAPE durante 2010 las mismas condiciones que a sus empleados. No se trata de un descuento fijo, sino que es un cupo de habitaciones de cada hotel, en función de su disponibilidad, con descuentos que pueden llegar a ser de hasta el 60 %. Pero puede ocurrir que en ciertas fechas, que varían según localidad y hotel, ese trato especial no esté vigente. En caso de haberse agotado las habitaciones a las que se puede aplicar este descuento, automáticamente se accede a las mejores rebajas de que disponga en ese momento el hotel elegido. Barceló cuenta con 180 hoteles en 17 países.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A APSC reivindica a figura do xornalista compostelán Alfredo Vicenti no día do patrón dos xornalistas

23-01-2010

 

presentacionlibrovicenti

De esquerda a dereita, Javier Arenas, secretario xeral de FAPE; Baldomero Cores, autor do libro; Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela e Luís Menéndez, presidente da APSC.

 

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) celebrou esta mañá a festividade do seu patrón, San Francisco de Sales, con un acto reinvindicativo da figura do xornalista compostelan Alfredo Vicenti Rey que se desenvolveu na Fundación Araguaney. Con este motivo, A Asociación presentou o libro Alfredo Vicenti, vida y obra de un gran periodista, do escritor e xornalista Baldomero Cores, que tamén forma parte da directiva da APSC, e que foi editado conxuntamente polas Asociacións da Prensa de Madrid, A Coruña e Santiago.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

No día do patrón dos xornalistas, a APSC reivindica a figura compostelana de Alfredo Vicenti

22-01-2010

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) celebra mañá sábado a festa do Patrón San Francisco de Sales con un acto reinvindicativo na figura do xornalista compostelan Alfredo Vicenti Rey na Fundación Araguaney as 13 horas. Alfredo Vicenti (1850-1916) foi quizais o xornalista español máis importante no periodo entreposto dos séculos XIX e XX. Nado en Santiago de Compostela foi médico, poeta pero sobre todo xornalista e promoveu varias publicacions en Galicia subliñadamente en “El Diario de Santiago” que foi pechado polo cardenal Payá, ao frente da curia compostelana de entón. Por tal motivo Alfredo Vicenti, republicano e federal, tivo que exiliarse en Madrid onde fixo unha exemplar carreira profesional colaborando en numerosos xornais como “El Globo”, órgano de Emilio Castelar, e “El Liberal” do que foi director. Tamén foi un adiantado no asociacionismo entre os xornalistas xa que foi o impulsor da Asociación da Prensa de Madrid en 1895. Deputado en Cortes  foi activo membro en periodos políticos de España como a Primeira República, as guerras carlistas, a Restauración monárquica e a crise do 98. Participou en campañas do agrarismo galego e escribiu abondo sobre Galicia como os naufraxios da Costa da Morte, as relacións con Portugal, ou a marxinación do campo.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A APSC presenta un libro sobre Alfredo Vicenti para conmemorar a semana do patrón dos xornalistas

20-01-2010

vicenti2

Foto: Antonio Hernández

 

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) presentou esta tarde na facultade de Ciencias da Comunicación o libro Alfredo Vicenti. Vida y obra de un gran periodista, do xornalista e membro da directiva da APSC, Baldomero Cores Trasmonte, co motivo da celebración da semana do patrón dos xornalistas. A través deste documentado traballo, Baldomero Cores pon de manifesto a importancia que tivo para Santiago a figura do periodista santiagués Alfredo Vicenti Rey, nado no Picho da Cerca. Formado en El Diario de Santiago, abandonou Compostela polo seu marcado carácter anticlerical e decidiu instalarse en Madrid, onde fundou a Asociación da Prensa a finais do século XIX.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A APSC conmemora a semana do Patrono dos Xornalistas recuperando a figura do xornalista compostelán Alfredo Vicenti

18-01-2010

caricatura-alfredo-vicenti

Caricatura de Alfredo Vicenti realizada por Castelao

 

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela decidiu este ano 2010 a celebración do Patrono dos Xornalistas, San Francisco de Sales, organizando unha serie de actos tendentes á recuperación da vida e obra de Alfredo Vicenti (1850-1916). Nado en Santiago e considerado como un “mestre de mestres” do xornalismo español da época. Neste sentido a APSC presentará o libro Alfredo Vicenti. Vida e obra de un gran periodista, un documentado traballo cuxo autor é o xornalista Baldomero Cores Trasmonte, membro da Directiva da APSC, e que será dado a coñecer diante de profesores e alumnos da facultade de Ciencias da Comunicación o mercores 20 de xaneiro as 18.00 horas. Tamén terá lugar un acto oficial o sábado 23 ás 13 horas na sala de conferencias da Fundación Araguaney (Montero Ríos, 23).

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

O 2009 acadou un nivel moi elevado de periodistas asasinados segundo a FIP

05-01-2010

A Federación Internacional de Periodistas (FIP) pediulle máis accións aos gobernos e a Nacións Unidas para protexer os medios, e para iso anunciou as cifras que acadan os 137 xornalistas e empregados de medios asasinados durante o 2009. En 113 casos, os xornalistas foron o obxectivo intencionado. A FIP considera que con este número se acada un dos maiores niveis de asasinatos de xornalistas.

Por países, Filipinas, México e Somalia son os máis perigosos para os periodistas, o que en palabras do presidente da FIP, Jim Boumelha, o 2009 se convertiu nun “ano moi sanguento para os medios de comunicación”. Pero entre os cinco primeiros tamén se sitúan Pakistán e Rusia. A rexión máis letal, por segundo ano consecutivo, é a de Asia-Pacífico, con 52 periodistas e traballadores dos medios asasinados.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Mensaxe do presidente da Federación Internacional de Periodistas

05-01-2010

jim_pte_ifj

Jim Boumelha, presidente da FIP. Foto: www.ifj.org 

 

Cuando terminaba el último día de 2009, Michelle Lang cayó en los campos de la muerte de Afganistán concluyendo uno de los años más letales para los periodistas. Es duro de soportar el hecho de que 140 periodistas hayan perdido la vida. Debería servir también para recordar todos los sacrificios que nos exige la causa de libertad de expresión.

A la largo del año, hicimos lo que pudimos para reforzar nuestras campañas contra la impunidad, de Filipinas a Somalia, de México a Rusia. Pero está ya meridianamente claro que no logramos detener esa sangría. La resolución 1738 de la ONU – que esperábamos supusiera el final de esa carnicería de periodistas – ha sido acogida de manera glacial desde su aprobación. Pero ya es hora de decir “basta”. Tenemos que renovar urgentemente nuestra perspectiva para conseguir un nuevo espíritu de nuestra campaña global dirigida a los gobiernos y a las instituciones internacionales y regionales.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 
Xaneiro 2010
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.