Actualidade APSC
O 2009 acadou un nivel moi elevado de periodistas asasinados segundo a FIP
05-01-2010
A Federación Internacional de Periodistas (FIP) pediulle máis accións aos gobernos e a Nacións Unidas para protexer os medios, e para iso anunciou as cifras que acadan os 137 xornalistas e empregados de medios asasinados durante o 2009. En 113 casos, os xornalistas foron o obxectivo intencionado. A FIP considera que con este número se acada un dos maiores niveis de asasinatos de xornalistas.
Por países, Filipinas, México e Somalia son os máis perigosos para os periodistas, o que en palabras do presidente da FIP, Jim Boumelha, o 2009 se convertiu nun “ano moi sanguento para os medios de comunicación”. Pero entre os cinco primeiros tamén se sitúan Pakistán e Rusia. A rexión máis letal, por segundo ano consecutivo, é a de Asia-Pacífico, con 52 periodistas e traballadores dos medios asasinados.
















