Actualidade APSC
A APSC conmemora a semana do Patrono dos Xornalistas recuperando a figura do xornalista compostelán Alfredo Vicenti
18-01-2010
Caricatura de Alfredo Vicenti realizada por Castelao
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela decidiu este ano 2010 a celebración do Patrono dos Xornalistas, San Francisco de Sales, organizando unha serie de actos tendentes á recuperación da vida e obra de Alfredo Vicenti (1850-1916). Nado en Santiago e considerado como un “mestre de mestres” do xornalismo español da época. Neste sentido a APSC presentará o libro Alfredo Vicenti. Vida e obra de un gran periodista, un documentado traballo cuxo autor é o xornalista Baldomero Cores Trasmonte, membro da Directiva da APSC, e que será dado a coñecer diante de profesores e alumnos da facultade de Ciencias da Comunicación o mercores 20 de xaneiro as 18.00 horas. Tamén terá lugar un acto oficial o sábado 23 ás 13 horas na sala de conferencias da Fundación Araguaney (Montero Ríos, 23).
















