A APSC reivindica a figura do xornalista compostelán Alfredo Vicenti no día do patrón dos xornalistas

 

presentacionlibrovicenti

De esquerda a dereita, Javier Arenas, secretario xeral de FAPE; Baldomero Cores, autor do libro; Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela e Luís Menéndez, presidente da APSC.

 

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) celebrou esta mañá a festividade do seu patrón, San Francisco de Sales, con un acto reinvindicativo da figura do xornalista compostelan Alfredo Vicenti Rey que se desenvolveu na Fundación Araguaney. Con este motivo, A Asociación presentou o libro Alfredo Vicenti, vida y obra de un gran periodista, do escritor e xornalista Baldomero Cores, que tamén forma parte da directiva da APSC, e que foi editado conxuntamente polas Asociacións da Prensa de Madrid, A Coruña e Santiago.

Alfredo Vicenti (1850-1916) foi un destacado xornalista español do século XIX. Nado no número 13 do Picho da Cerca, en Santiago de Compostela, foi médico, poeta pero sobre todo xornalista. En Galicia promoveu “El Diario de Santiago” que foi pechado polo cardenal Payá, ao frente da curia compostelana de entón. Por tal motivo, Alfredo Vicenti, republicano e federal, tivo que exiliarse en Madrid onde fixo unha exemplar carreira profesional colaborando en numerosos xornais como “El Globo” e “El Liberal” do que foi director. Tamén foi un adiantado no asociacionismo entre os xornalistas xa que foi o impulsor da Asociación da Prensa de Madrid en 1895.
O autor da obra, Baldomero Cores, realizou unha serie de peticións ás institucións, tanto á Universidade de Santiago como ao concello, para “levantar unha figura que tanto se desviviu polos demais e que fixo de Galicia un culto”. Pola súa banda, o alcade de Santiago, comprometeuse a participar coa colocación dunha placa conmemorativa na casa natal de Vicenti e máis coa inauguración dunha rúa co seu nome no barrio do Castiñeiriño para o vindeiro ano.
Na presentación tamén interviu Javier Arenas, secretario xeral de FAPE, (Federación de Asociaciones de Periodistas de España) quen valorou que 94 anos despois da desaparción de Vicenti “poida seguir presente o seu honor e e a súa honestidade no exercicio do periodismo”. E finalmente, Luís Menéndez, presidente da APSC, destacou a figura ilustre de controvertida de Vicenti, así como a súa importancia no asociacionismo, fundamental hoxe en día para afrontar a crise da profesión.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xaneiro 2010
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.