Actualidade APSC

Convocado o I Premio Rexional de Periodismo Palacio de Garci Grande 2010

23-02-2010

A Asociación Salmantina de Periodistas (ASPE) convoca o I Premio Rexional de Periodismo Palacio de Garci Grande 2010.  Patrocinado por Caja Duero, está dotado con 3.00 euros para o primeiro premio e 1.000 euros para cada un dos dous accésits. A data límite para a recepción de orixinais finaliza o 15 de maio de 2010.

Poderán presentarse ao premio os traballos de prensa escrita, en liña, radio e televisión que se enmarquen en calquera xénero xornalístico e estean redactados en español; sempre e cando foran difundidos en medios de comunicación impresos ou audiovisuais editados na comunidade de Castela e León. A temática dos traballos versará sobre Salamanca e o xurado valorará especialmente o seu interese humano.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

XIII Premio de Periodismo Asociación da Prensa de Huelva

23-02-2010

A Asociación da Prensa de Huelva convoca o XIII Premio de Periodismo no que se admiten todos os traballos periodísticos referidos á provincia de Huelva e difundidos por prensa, radio, televisión e fotografía durante o 2009. O prazo de admisión remata o 3 de marzo e establécense catro premios únicos, de 1.000 euros cada un, asignados ás distintas modalidades.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

Condena da violencia a xornalistas e medios en El Ejido

17-02-2010

A Asociación de Periodistas-Asociación da Prensa de Almería (AP-APAL) denuncia e condena as agresións, insultos e actos vandálicos que están a sufrir os compañeiros e medios de comunicación de El Ejido. Periodistas, cámaras e traballadores de Ejido Televisión, Radio Ejido e do gratuíto La Voz de El Ejido foron insultados e ameazados nas últimas semanas cando realizaban o seu traballo de cubrir información sobre os traballadores que están acampados e en folga na Praza Maior do municipio.

A AP-APAL pídelles ás autoridades seguridade para os xornalistas cando están cumprindo co seu traballo e que non se impida o exercicio da profesión nin que se coarte o dereito á liberdade de opinión.

Actualidade APSC

Carolina Carballedo, nova vogal da directiva da APSC

16-02-2010

vogais

De esquerda a dereita, Carolina Carballedo e Juan Castro

 

A xunta directiva da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) aprobou o nomeamento da nova vogal da directiva, Carolina Carballedo, que sustitúe neste cargo a Juan Castro. Carolina é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e actualmente exerce como redactora no gratuíto compostelán Santiago Siete. Previamente á súa actividade profesional no periódico, estivo traballando no gabinete de prensa da Universidade de Vigo.

Carolina sustitúe no posto de vogal da APSC a Juan Castro, que actualmente está en París exercendo como técnico en promoción e comercio internacional do IGAPE. Licenciado tamén en Xornalismo pola USC, foi xefe de contidos e deseño dos xornais dixitais do grupo El Progreso ‘Galiciae’ e ‘Xeración’ e coordinou diferentes proxectos multimedia para institucións e axencias de comunicación e publicidade galegas.

Actualidade APSC

4.000 euros para o premio de periodismo “La Pepa” 1812

12-02-2010

A segunda edición do Premio de Periodismo Joven “La Pepa” 1812 recoñece aqueles traballos e traxectorias profesionais de periodistas de ata 35 anos, sempre que estean relacionados coa difusión e defensa dos valores de liberdade, igualdade, xustiza e dereitos humanos.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o 15 de marzo de 2010. Admítense traballos en español e portugués e poden optar a este premio mozos españois  e de calquera país da comunidade iberoamericana que contribuíran á defensa e difusión dos citados valores durante o ano 2009. As modalidades que se premian son periodismo impreso, audiovisual (radio ou televisión), gráfico e dixital. Cada unha delas está dotada con 4.000 euros.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A liberdade de prensa retrocede no mundo

08-02-2010

xornada6022010

De esquerda a dereita: Mamen Gurruchaga, Alfonso Cabaleiro, Pedro Nolasco e Luís Menéndez na presentación do Informe Anual Mundial de Reporteiros sen Fronteiras, en Santiago de Compostela.

 

  • Presentado en Santiago o Informe Mundial de RSF

  • Foi entregado ao Presidente da Xunta, quen recibiu en audiencia a Reporteros sin Fronteras e a unha comisión da Asociación de Periodistas de Santiago

Santiago, 6.2.10.-As guerras e os procesos electorais son os acontecementos que máis risco comportan para o desenvolvemento do traballo dos xornalistas no mundo. Con respecto a pasados anos o Informe de 2009 elaborado por Reporteros sin Fronteras e presentado en Santiago constata un aumento do 26% de xornalistas asasinados e que, cun total de 76 durante o pasado ano, perderon a vida maioritariamente en Filipinas (33), Paquistán (5) Irak (4) e México (3). Asemade 33 xornalistas foron secuestrados, 573 detidos, 1456 agredidos e 157 tiveron que exiliarse. Os datos, feitos públicos por Mamen Gurruchaga, directiva de RSF-España revelaron un aumento moi considerable de bloggers e ciberdisidentes detidos, sobre todo en países afectados pola censura en Internet como China, Cuba ou Irán.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

En 2009 76 xornalistas foron asasinados, 33 secuestrados e 157 tiveron que exiliarse

05-02-2010

Reporteiros sen Fronteiras presenta mañá en Santiago de Compostela o seu Informe Anual mundial correspondente a 2009

Partipará Deo Namujimbo, xornalista represaliado no Congo e Mamem Gurruchaga, da directiva española de RSF

A asociación profesional Reporteros sin Fronteras presentará este sábado 6 de febreiro as 11.30 a.m. na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela o seu Informe Anual de Liberdade de Prensa correspondente ao pasado ano. O acto está organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, coa colaboración da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia que dirixe Alfonso Cabaleiro.
 
Os prestixiosos informes anuais de Reporteros sin Fronteras están catalogados como o mellor barómetro para medir a liberdade de expresión do mundo. A través de milleiros de colaboradores e delegados de RSF nos cinco continentes lévase a cabo un exhaustivo traballo de compilación de datos que se fan públicos internacionalmente. Como resultado do Informe 2009 dedúcese que a liberdade de prensa vai en retroceso no mundo sobre todo en países como Irán, México, Filipinas, China ou Irak, onde existe unha guerra. En 2009 foron asasinados 76 xornalistas exercendo a profesión, 33 foron secuestrados e 157 tiveron que exiliarse.
[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 
Febreiro 2010
L M M X V S D
« Xan   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.