4.000 euros para o premio de periodismo “La Pepa” 1812
A segunda edición do Premio de Periodismo Joven “La Pepa” 1812 recoñece aqueles traballos e traxectorias profesionais de periodistas de ata 35 anos, sempre que estean relacionados coa difusión e defensa dos valores de liberdade, igualdade, xustiza e dereitos humanos.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o 15 de marzo de 2010. Admítense traballos en español e portugués e poden optar a este premio mozos españois e de calquera país da comunidade iberoamericana que contribuíran á defensa e difusión dos citados valores durante o ano 2009. As modalidades que se premian son periodismo impreso, audiovisual (radio ou televisión), gráfico e dixital. Cada unha delas está dotada con 4.000 euros.
O premio está convocado polo Instituto de la Juventud (Injuve), dependende do Ministerio de Igualdade; o Consorcio para a conmemoración do II centenario da Constitución de 1812 e a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE).
Para consultar as bases completas deste premio, consulte os seguintes enlaces: www.injuve.migualdad.es, www.bicentenario1812.com, e www.fape.es .
Para máis información (prensa):
Departamento de Comunicación do Injuve
María Jiménez/ Jeanette Mauricio Tels. 91 363 77 77/ 78 65 –
629 30 55 22 / 629 30 59 13
jimenezmm@migualdad.es / prensa.injuve@migualdad.es
Departamento de comunicación de FAPE
Marta Molina. Tels. 91 360 58 24 – 625 40 84 43
comunicacion@fape.es
Departamento de comunicación del Consorcio para a conmemoración do II centenario da Constitución de 1812
Begoña Casas. Tels. 956 807 239 - 627 50 61 71
prensa@bicentenariocadiz1812.es















