Actualidade APSC
Bolsas para mulleres para formación en cooperación internacional
29-03-2010
O Instituto de la Mujer, ente adscrito ao Ministerio de Igualdade, convoca a concesión de 25 bolsas dentro da XVI Edición do Programa de Formación en Cooperación Internacional “Mujeres y Desarrollo”. Estas bolsas teñen como finalidade contribuír á formación especializada e capacitación técnica en materia de cooperación internacional para o desenvolvemento desde a perspectiva de xénero. Céntranse no deseño, execución e avaliación das políticas, estratexias e programas de cooperación.
A duración das bolsas é de once meses, desde outubro de 2010 a setembro de 2011. Está prevista unha formación teórica de cinco meses e medio en Madrid e unha formación práctica de cinco meses en organismos internacionais, organizacións non gubernamentais e outras institucións de países de América Latina, Magreb e África subsahariana.
Para máis información, pulse aquí e consulte as bases no Boletín Oficial do Estado.

















