Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

A muller e o xornalismo, reflexións no Día Internacional da Muller

08-03-2010

“Chegou outro 8 de marzo e lembramos todo o que fai da vida de moitas mulleres unha continua carreira de obstáculos. É certo, moito temos avanzado; pero en moitos eidos aínda é todo apariencia. Cando a opinión dunha muller sexa tan tida en conta como a dun home, cando o perfil profesional dunha muller só se elabore sobre as súas capacidades laborais, cando ser nai non sexa un problema senón unha vantaxe social, cando non haxa homes á defensiva porque se sinten ‘agredidos pola muller moderna’ … daquela falaremos de igualdade. Daquela, as xornalistas xa non seremos ‘xuíz e parte’ na transmisión de modelos tradicionais que xa non teñen cabida no futuro dun mundo máis xusto para todos.”

Por Xulia Campo, presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC.

Actualidade APSC

A FAPE reclama a igualdade de salario entre mulleres e homes xornalistas

08-03-2010

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) denunciou hoxe a fenda salarial e profesional que separa ás mulleres xornalistas dos seus colegas homes, co motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A Federación fixo deste xeito unha chamada aos axentes sociais para que promulguen políticas que favorezan o acceso da muller á profesión, promovan a equiparación de salario cos seus compañeiros e faciliten o ascenso a postos de responsabilidade.

A FAPE incide ademais na batalla pola concilicación da vida profesional e a privada. “A precariedade da profesión convértenos nun dos colectivos que peor computa nesta materia”, sinala a Federación. “Preferimos falar da nosa vida privada antes que da vida familiar, posto que os profesionais mozos retrásana ata idades alarmantes, freados polas nefastas condicións laborais que hoxe en día ofrece o mercado”.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Marzo 2010
D L M M X V S
« Feb   Abr »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.