Actualidade APSC
Reporteros Sin Fronteras publica unha lista dos inimigos da liberdade de expresión en Internet
11-03-2010
A organización elabora a lista de “inimigos de Internet” e conmemora no 12 de marzo o Día mundial contra a censura
A organización Reporteros Sin Fronteras elabora un informe no que explica as dificultades da liberdade de expresión na época do predominio de Internet. Coa divulgación deste informe a entidade celebra o 12 de marzo o día mundial contra a censura.
A loita pola liberdade da información é máis frecuente en Internet e os países forzan cada vez máis o control. Nos países autoritarios, onde os medios de comunicación tradicionais están controlados polos réximes, Internet ofrece un espacio de discusión e intercambio de información e funciona como motor da mobilización. Os novos medios, e sobre todo as redes sociais, permiten cuestionar a orde social establecida. Pero malia isto, aínda existe censura na web: grazas ás últimas ferramentas tecnolóxicas, rexístrase censura de contidos políticos e sociais; arrestos e intimidacións de internautas, vixiancia permanente e control; aspectos que poñen en perigo o anonimato dos internautas.















