O Centro Sociocultural do Ensanche acolle a exposición de publicacións periódicas que se editan na cidade

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela abre a exposición Prensa (en) tendida, publicacións periódicas de Compostela no Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo; Santiago de Compostela). A inauguración da mostra terá lugar mañá, día 16 ás 11:00 h da mañá. Ata o remate de marzo, os visitantes poderán coñecer a cantidade e variedade de publicacións periódicas que se editan na cidade compostelá. Deste xeito, a mostra continúa o seu percorrido iniciado a mediados de decembro no Centro Sociocultural de Vite.

Xornais, revistas, anuarios, memorias e boletíns son exemplos das 300 publicacións que conviven en Compostela e que abranguen ámbitos como a cultura, as humanidades, a política, a economía, a ciencia, a investigación ou as novas tecnoloxías. Máis dun cento de exemplares ilustran esta mostra baixo o título de Prensa (en) tendida, na que se realiza unha comparación cun proceso de lavado e secado da roupa.

A exposición, en definiva, pretende amosar que Santiago de Compostela é o centro de publicación de prensa periódica máis importante de Galicia. Prensa (en) tendida é unha exposición de carácter itinerante que percorre os centros socioculturais da cidade. A mostra da APSC conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago. A súa execución correu a cargo da empresa Holística.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Marzo 2010
L M M X V S D
« Feb   Abr »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.