Actualidade APSC
A APSC apoia a candidatura de Leguineche para o premio Príncipe de Asturias de Comunicación
16-03-2010
A Asociación de Periodistas de Santiago apoia a candidatura proposta pola Asociación de Periodistas Vascos para que Manu Leguineche (Gernika, 1941) reciba o premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2010.
Leguineche é un dos reporteiros cunha extensa traxectoria no exercicio do periodismo en España. Cronista, escritor, enviado especial e corresponsal de guerra soubo transmitir graves conflitos internacionais con gran sensibilidade. Despois de máis de corenta anos de labor periodístico, convertiuse nun referente do xornalismo. Desta forma, a APSC pretende que a súa adhesión a esta candidatura sirva para recoñecer a figura profesional e de valores de Manu Leguineche.















