Actualidade APSC
A Asociación da Prensa de Vigo renova a súa xunta directiva
22-03-2010
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, Abeta Chas; Ana Fuentes; María Teresa Díaz-Faes; María Jesús Argibay; Luís Piñero e Alejandro Kowalski.
A Asociación da Prensa de Vigo renovou a súa xunta directiva nas eleccións celebradas esta mañá no Centro Social Caixanova A nova presidenta é Abeta Chas, que releva no cargo, despois de 18 anos, a Fernando Ramos. O resto da directiva queda composto da seguinte maneira: Tesa Díaz-Faes ocupa o cargo de vicepresidenta; María Jesús Argibay, secretaria; Ana Fuentes, tesoureira e os vogais Luís Piñero e Alejandro Kowalski.
Para os vindeiros anos a nova directiva quere promover o prestixio da profesión e conseguir apoios institucionais e privados para revitalizar a Asociación da Prensa de Vigo que recentemente conmemorou o seu centenario. A elección á única candidatura produciuse por acordo da maioría absoluta dos asociados de Vigo e foi o propio presidente saínte, Fernando Ramos, doutor en Dereito Constitucional e licenciado en Xornalismo, quen se encargou acadar o apoio para a a súa sustituta. Abeta Chas é delegada en Vigo do diario Expansión.
















