Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

Bolsas para mulleres para formación en cooperación internacional

29-03-2010

O Instituto de la Mujer, ente adscrito ao Ministerio de Igualdade, convoca a concesión de 25 bolsas dentro da XVI Edición do Programa de Formación en Cooperación Internacional “Mujeres y Desarrollo”. Estas bolsas teñen como finalidade contribuír á formación especializada e capacitación técnica en materia de cooperación internacional para o desenvolvemento desde a perspectiva de xénero. Céntranse no deseño, execución e avaliación das políticas, estratexias e programas de cooperación.

A duración das bolsas é de once meses, desde outubro de 2010 a setembro de 2011. Está prevista unha formación teórica de cinco meses e medio en Madrid e unha formación práctica de cinco meses en organismos internacionais, organizacións non gubernamentais e outras institucións de países de América Latina, Magreb e África subsahariana.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases no Boletín Oficial do Estado.

Actualidade APSC

Descontos en aloxamentos da cadea Sol Meliá e NH Hoteles

29-03-2010

Os hoteis Meliá Sevilla e Meliá Lebreros, ambos os dous en Sevilla, ofrecen unha tarifa negociada para os asociados de FAPE para Semana Santa e feira de Abril. O desconto aparece cando se efectúa a reserva a través da central: 902 14 44 44.

Nos hoteis da cadea NH en España e Portugal ofrécese un desconto do 10% sobre a mellor tarifa dispoñible de luns a domingos. Non é acumulable con outras ofertas da cadea. Para información e reservas: 902 11 51 16.

Para máis información, consulte a área de Servizos da web de FAPE: www.fape.es, na canle Paradores, Hoteles y Balnearios.

Actualidade APSC

Convocado o premio de Periodismo Económico Fabián Estapé 2010

29-03-2010

A Asociación de Periodistas de León e o Colegio de Economistas de León convocan de forma conxunta o premio de Periodismo Económico Fabián Estapé. Son candidatos ao premio todos aqueles periodistas que publicaran traballos de economía en calquera dos medios de comunicación editados en España entre o 1 de marzo de 2009 e o 28 de febreiro de 2010.
A data límite de presentación dos traballos é o 16 de abril de 2010.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

Descontos de ata o 60% con Hotelopía en aloxamentos de Alicante, Costa Brava, Málaga e Tarragona

29-03-2010

Hotelopía ofrece un desconto de ata o 60% en hoteis da cadea Pierre Vacances, nos seus establecementos de Alicante, Costa Brava, Málaga e Tarragona para todos os asociados e asociadas de FAPE. A información é accesible na web de FAPE (www.fape.es) na canle Servizos, no apartado Paradores, Hoteles y Balnearios, na sección Hoteles por Internet.
Para máis información, http://www.hotelopiaclub.com ou no teléfono 902 430 419 e identifíquese como asociado de FAPE.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Marzo 2010
D L M M X V S
« Feb   Abr »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.