Actualidade APSC

Programas Executive da Universitat Pompeu Fabra

28-04-2010

No vindeiro mes de maio iníciase unha oferta formativa na área de Comunicación e Periodismo e Publicidade e Reputación Corporativa por parte do IDEC-Universitat Pompeu Fabra. Estes “programas executive” están deseñados para directivos ou para calquera outro profesional que desexe formarse nestes ámbitos.

Para máis información: http://www.idec.upf.edu e no enderezo electrónico: executive@idec.upf.edu

Actualidade APSC

Aberto o prazo de inscrición para un curso sobre os conflitos esquecidos

28-04-2010

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) e a Universitad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) abriron o prazo de inscrición para o curso denominado De la primera plana a un rincón de la memoria. Los conflictos olvidados y los medios, que se celebrafrá do 19 ao 23 de xullo no Palacio de la Magdalena, en Santander. A UIMP ofrece un paquete de manutención e aloxamento aos asistentes ao cursillo.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Convocado do premio de xornalismo da Fundación Anna Lindh

28-04-2010

A Fundación Anna Lindh convoca a edición 2010 do seu premio de xornalismo, dotado de 5.000 euros, para aqueles traballos que reflictan a diversidade e as relacións interculturais, sobre todo das rexións do Mediterráneo. Os traballos terán que ter sido publicados (prensa, radio, TV e medios online) entre o 1 de xullo de 2009 e o 10 de xullo de 2010. Este premio ten un xurado de prestixio e celébrase anualmente no Principado de Mónaco.

Para máis información, pulse no seguinte enlace:
http://www.euromedalex.org/news/anna-lindh-journalist-award-2010-launched

Para solicitar a súa participación, prema no seguinte enlace:
http://www.euromedalex.org/fields/media-activities/journalist-award

Actualidade APSC

A Asociación da Prensa de La Rioja e a ede Gnoss.com promoven a ferramenta dafo “El periodista en Internet”

28-04-2010

A ferramenta está dispoñible na dirección http://gnoss.com/comunidad/casadelosperiodistas e está destinada a coñecer as opinións e as reflexións de periodistas e internautas sobre o futuro da profesión xornalística.

Ante o debate sobre o papel dos periodistsas no novo contorno de comunicación que leva canda si Internet, xurdiu esta ferramenta de pensamento colectivo, denominada dafo online, que baixo o nome de El periodista en Internet pretende coñecer a opinión de xornalistas e internautas e crear unha radiografía da profesión.

Actualidade APSC

O Congreso Europeo de Periodistas aproba unha moción da FAPE sobre a sentencia contra a Ser

20-04-2010

A moción da FAPE en apoio aos periodistas da SER, Daniel Anido e Rodolfo Irago, que foron imputados por un delito de revelación de secretos, tivo o apoio unánime dos periodistas que durante esta fin de semana se reuniron en Estambul (Turquía) na General Meeting da Federación Europea de Xornalistas.

Un total de 75 delegados en representación de 38 países europeos criticaron a sentenza na que o xuíz do Xulgado de Instrución nº 1 de Madrid condenaba a ditos periodistas a 21 meses de inhabilitación e 46.000 euros de multa por difundir en 2003 na páxina web da SER unha lista de membros irregulares do Partido Popular, presuntamente relacionados con escándalos inmobiliarios e que se ían presentar ás eleccións locais.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Deputación de Guadalajara premia con 20.000 euros ao mellor traballo do I Premio Internacional de Periodismo Manu Leguineche

13-04-2010

A Deputación de Guadalajara e a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) convocaron o I Premio Internacional de Periodismo Manu Leguineche. O premio, dotado de 20.000 euros, quere honrar a figura e o traballo deste xornalista, e está pensado para o xornalismo de viaxes, ademais de ter en conta nos candidatos e candidatas a súa defensa dos valores de solidariedade e responsabilidade social.

Poden optar xornalistas ou medios de comunicación propostos por asociacións profesionais, polas institucións convocantes ou entidades recoñecidas polo seu labor na defensa dos valores constitucionais. As candidaturas deberán presentarse antes do 15 de xullo. Esta iniciativa tamén está apoiada pola Asociación de Periodistas Europeos e pola Federación Internacional de Periodistas (FIP).

Actualidade APSC

A FAPE felicitouse pola absolución dos imputados no caso Egunkaria

13-04-2010

A FAPE felicitouse pola decisión do xuíz da Audiencia Nacional de absolver os cinco directivos do diario vasco Egunkaria. A Federación apuntou que o peche prolongado do diario –durante máis de sete anos- ocasionou a perda de 150 postos de traballo e causou “danos irreversibles para a liberdade de información”.

A FAPE esíxelles ás autoridades competentes que reparen o dano ocasionado, pois a suspensión da liberdade de información e de expresión só se habilita en supostos de estado de excepción ou de sitio, segundo o artigo 55.1 da Constitución Española de 1978, e non nos casos de terrorismo (art. 55.2) A FAPE lembra que non son os medios de comunicación os que delinquen, senón as persoas.

Actualidade APSC

Bolsas de formación en Guadalajara

13-04-2010

A Asociación da Prensa de Guadalajara e a Central Nuclear de Trillo convocan senllas bolsas de formación, como redactores en prácticas, para estudantes do último curso ou recén licenciados en Ciencias da Información. As bolsas desenvolveranse por un período de seis meses no Centro de Prensa de Guadalajara e no Centro de Información da Central Nuclear de Trillo, respectivamente.

Os interesados deberán remitir a súa solicitude por correo certificado antes do 15 de maio á Asociación de la Prensa de Guadalajara (C/Felipe Solano Antelo, 7. 19002 Guadalajara)

Para máis información sobre esta convocatoria, consultar a páxina: www.asociaciondelaprensa.com.

Actualidade APSC

Campamentos de Verán da Fundación Apadrina un Árbol

12-04-2010

Os fillos e fillas de asociados e asociadas da FAPE que formalicen a inscrición no Campamento de Verán da Fundación Apadrina un Árbol obterán o “apadriñamento” dunha árbore durante cinco anos. A Fundación xa abreu o prazo de inscrición para os campamentos de verán de inglés e francés que vai organizar nos meses de xullo e agosto no Centro de Educación Ambiental de Solanillos, en Mazarete (Guadalajara).
 
Os campamentos están dirixidos a rapaces e rapaces de 8 a 13 anos e serven para reforzar os coñecementos adquiridos durante o curso xunto coa aprendizaxe dunha lingua estranxeira (inglés ou francés), ademais de entreterse nas actividades de ocio e tempo libre en plena natureza.

Para máis información, consulte a web de FAPE: www.fape.es, na canle de Servizos, no apartado de Formación. Ou chame ao número 902 44 00 09.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Abril 2010
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Famedic
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.