Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

A Fape elexiu a súa nova Xunta Directiva na Asemblea Xeral

31-05-2010
 asemblea_fape 
Foto: FAPE

 

A Federación da Asociacións de Periodistas de España (FAPE) renovou a súa Xunta directiva o pasado 29 de maio de 2010 durante a celebración da Asemblea anual da FAPE no Palacio de Congresos de Cádiz.

Elsa González tomou o relevo na presidencia da Federación, na única candidatura presentada para a renovación da Xunta directiva.  Os cargos de vicepresidencia están ocupados por Nemesio Rodríguez, María del Camino Ibarz e Aurelio Martín. Como secretario xeral continúa Carlos Sanz Entablés, mentres que no posto de vicesecretario está Alfonso Sánchez e no de tesourería María Jesús Chao. Os postos de vogais están representados por Joaquín Clemente, Lidia Sánchez Yanel, Antonia María Chas, e María Ángeles Samperio.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Asociación Vasca de Periodistas renova a súa Xunta directiva

25-05-2010

A Asociación Vasca de Periodistas renovou a súa Xunta directiva, co segundo mandato consecutivo da presidenta Lucía Martínez Odriozola. O resto dos membros da nova xunta son os seguintes: Amaia Goikoetxea Marqués, vicepresidenta; Verónica Portell Torres, secretaria xeral; Aitor González Moriyón, tesoureiro; e Arantza Lezamiz Arostegi, Charo Adeliño Ortega, Nicolás del Val Arregui, Juanma Gutiérrez Castillo, Carmen Larrakoetxea Orue, Jorge Ibeas Revilla e Jöel López Astorkiza como vogais.

Actualidade APSC

A APSC lamenta o pasamento do xornalista Juan José Gallo Ramos

23-05-2010

A Asociación de Periodistas de Santiago manifesta as súas condolencias polo pasamento do xornalista Juanjo Gallo, responsable desde hai uns vinte anos do gabinete de prensa da Deputación Provincial da Coruña. Nesta cidade desenvolveu a súa carreira profesional, primeiro en El Ideal Gallego, posteriormente en La Voz de Galicia e finalmente na Deputación Provincial.

No nome da Xunta Directiva  e de todos os seus socios, a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) enviou o seu pésame á Asociación de Prensa da Coruña, á que pertencía desde 1985, así como a familia do falecido.

Actualidade APSC

Convocado o 14º Premio Internacional de Fotoperiodismo “Ciudad de Gijón” 2010

21-05-2010

Esta edición premia con 6.000 euros aquel traballo que debe estar composto por un mínimo de 40 fotografías e un máximo de 100, de temática libre. Os traballos poden ser en branco e negro ou en cor e a data límite de admisión é o 15 de xuño de 2010. Este certame enmárcase no 14º Encontro Internacional de Periodismo “Ciudad de Gijón” 2010 que tamén integra un Taller de Periodismo e máis a convocatoria de bolsas para a súa realización.

Para máis información, pulse aquí e acceda ao documento.

Máis información sobre o premio, o taller e as bolsas na dirección: http://www.fotoyperiodismogijon.com/premio-2010/

Actualidade APSC

Presentada unha única candidatura para as eleccións á Xunta Directiva da FAPE

14-05-2010

A Asociación da Prensa de Madrid presentou a única candidatura para as eleccións á Xunta Directiva da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), que se celebrarán o día 29 de maio de 2010. Os cargos están representados polas seguintes persoas: Presidenta: Elsa González Díaz, Asociación da Prensa de Madrid; Vicepresidentes: Nemesio Rodríguez López, Asociación da Prensa de Madrid, Mª. del Camino Ibarz Gil, Asociación da Prensa de Aragón e Aurelio Martín González, Asociación da Prensa de Segovia. Secretario Xeral: Carlos Sanz Establés, Asociación da Prensa de Guadalajara; Vicesecretario: Alfonso Sánchez García, Asociación da Prensa de Madrid. Tesoureira: María Jesús Chao Álvarez de Sierra, Asociación da Prensa de Madrid. Vogais: Joaquín Clemente Nebot, Asociación da Prensa de Valencia, Lidia Sánchez Yanel, Asociación da Prensa de Talavera de la Reina, Antonia María Chas Romay, Asociación da Prensa de Vigo e Mª. Angeles Samperio Martín, Asociación da Prensa de Cantabria.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

GlobalCamp ofrece prezos vantaxosos en campamentos para asociados a FAPE

11-05-2010

Esta empresa especializada na organizaciónde campamentos para nenos ofrece prezos pechados para asociados de FAPE, con descontos de ata o 13%. A oferta é para os campamenos de Oliva, en Valencia, a 579 €; Bustarviejo, en Madrid, 505 €; e Aguadulce, en Almería, 567 €. Nos dous primeiros haberá dous turnos quincenais en xullo; no último só un turno. No caso de Valencia e Almería son cursos de inglés, multiaventura e actividades náuticas.

Tamén ofrece un curso de inglés en (Inglaterra), por 2.255 €, dúas semanas ou 2.735 €, tres semanas. Na inscrición, os pais dos nenos teñen que acreditar a súa pertenza á FAPE para beneficiarse dos prezos especiais.

Para máis información, pulse aquí.
Información e inscricións nos teléfonos 91 400 85 51, 608 14 26 82 e 690 86 82 77; e no correo electrónico global@globalcamp.net

Actualidade APSC

8.000 euros para o Premio Nacional de Periodismo Miguel Delibes

11-05-2010

A XV edición do Premio Nacional de Periodismo “Miguel Delibes” ten por obxectivo premiar aquel traballo xornalístico que contribúa a manter o bo uso e a defensa do idioma español e á correcta utilización da linguaxe nos medios de comunicación social. O premio está dotado con 8.000 euros e máis unha peza do escultor Santiago de Santiago.

A Asociación da Prensa de Valladolid convoca este premio que está patrocinado por Caja España. Poderá concorrer a este certame calquera traballo publicado en medios españois durante o 2010, coa data límite do 1o de decembro. En xaneiro, coincidindo coa data do patrón dos xornalistas, Franciso de Sales, entregarase o premio.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

A biblioteca pública Ánxel Casal acolle a exposición de publicacións periódicas de Compostela

11-05-2010

expoanxelcasal

A biblioteca pública de Santiago, Ánxel Casal (Avenida de Xoán XXIII, s/n, 15704, Santiago De Compostela) acolle a exposición itinerante Prensa (en) tendida, publicacións periódicas de Compostela, organizada pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela. Estudantes e usuarios da biblioteca poderán coñecer a cantidade e variedade de publicacións periódicas que se editan na cidade compostelá. Deste xeito, a mostra continúa o seu percorrido iniciado a mediados de decembro no Centro Sociocultural de Vite.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Convocado o I Concurso Periodístico “A gastronomía polos Camiños de Santiago”

07-05-2010

O concurso premia un traballo de periodismo impreso que trate sobre a excelencia gastronómica en calquera dos Camiños de Santiago. Pode estar en galego ou castelán e ten  por obxectivo apoiar a promoción do Ano Santo, ademais de difundir a nosa riqueza gastronómica. O prazo de participación conclúe o 20 d emaio. Todos os artigos teñen que estar publicados nalgún medio de prensa escrita en España, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 15 de maio de 2010.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A FAPE chama ao recoñecemento do periodismo como ben público e de interese común

03-05-2010
  • Día Internacional da Liberdade de Prensa

 

  • Reclama un plan de axudas aos medios de comunicación condicionado ao mantemento dos postos de traballo

 

Con motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa que se celebra hoxe, a Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), á que pertence a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, fai unha chamada para o recoñecemento do xornalismo como ben de interese público e reivindica un plan de axudas aos medios de comunicación condicionado ao mantemento dos postos de traballo.

As asociacións federadas e vinculadas á FAPE lamentan o inédito devastamento do emprego periodístico, coa perda de 3.351 postos de traballo desde novembro de 2008 ata a actualidade, segundo os datos rexistrados no Observatorio para o seguimento da crise coordinado pola FAPE.

Cando se celebra unha efeméride que ensalza a independencia profesional, temos que prestar maior atención se cabe á precariedade laboral e á destrución de emprego, convertidos hoxe nos inimigos principais da liberdade de prensa e das sociedades democráticas.

O dereito da cidadanía á información resíntese cando o emprego dos xornalistas está en perigo ou serve a interes espurios, apegados á economía ou ao poder, cando as plantillas dos medios encollen drasticamente e sobrecargan cun volume de tarefas inxentes aos poucos compañeiros que quedan nas salas de redacción, o que reduce a calidade do produto xornalístico.

Coas redaccións descapitalizadas, periodistas sobreexplotados e editores que antepoñen os seus intereses ao dereito da cidadanía a recibir unha información libre e plural, o produto malógrase, a profesión perde credibilidade e o exercicio periodístico desvíase da súa función democratizadora.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Maio 2010
D L M M X V S
« Abr   Xuñ »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.