Actualidade APSC
Presentada unha única candidatura para as eleccións á Xunta Directiva da FAPE
14-05-2010
A Asociación da Prensa de Madrid presentou a única candidatura para as eleccións á Xunta Directiva da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), que se celebrarán o día 29 de maio de 2010. Os cargos están representados polas seguintes persoas: Presidenta: Elsa González Díaz, Asociación da Prensa de Madrid; Vicepresidentes: Nemesio Rodríguez López, Asociación da Prensa de Madrid, Mª. del Camino Ibarz Gil, Asociación da Prensa de Aragón e Aurelio Martín González, Asociación da Prensa de Segovia. Secretario Xeral: Carlos Sanz Establés, Asociación da Prensa de Guadalajara; Vicesecretario: Alfonso Sánchez García, Asociación da Prensa de Madrid. Tesoureira: María Jesús Chao Álvarez de Sierra, Asociación da Prensa de Madrid. Vogais: Joaquín Clemente Nebot, Asociación da Prensa de Valencia, Lidia Sánchez Yanel, Asociación da Prensa de Talavera de la Reina, Antonia María Chas Romay, Asociación da Prensa de Vigo e Mª. Angeles Samperio Martín, Asociación da Prensa de Cantabria.















