A APSC lamenta o pasamento do xornalista Juan José Gallo Ramos
A Asociación de Periodistas de Santiago manifesta as súas condolencias polo pasamento do xornalista Juanjo Gallo, responsable desde hai uns vinte anos do gabinete de prensa da Deputación Provincial da Coruña. Nesta cidade desenvolveu a súa carreira profesional, primeiro en El Ideal Gallego, posteriormente en La Voz de Galicia e finalmente na Deputación Provincial.
No nome da Xunta Directiva e de todos os seus socios, a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) enviou o seu pésame á Asociación de Prensa da Coruña, á que pertencía desde 1985, así como a familia do falecido.















