A Fape elexiu a súa nova Xunta Directiva na Asemblea Xeral
Foto: FAPE
A Federación da Asociacións de Periodistas de España (FAPE) renovou a súa Xunta directiva o pasado 29 de maio de 2010 durante a celebración da Asemblea anual da FAPE no Palacio de Congresos de Cádiz.
Elsa González tomou o relevo na presidencia da Federación, na única candidatura presentada para a renovación da Xunta directiva. Os cargos de vicepresidencia están ocupados por Nemesio Rodríguez, María del Camino Ibarz e Aurelio Martín. Como secretario xeral continúa Carlos Sanz Entablés, mentres que no posto de vicesecretario está Alfonso Sánchez e no de tesourería María Jesús Chao. Os postos de vogais están representados por Joaquín Clemente, Lidia Sánchez Yanel, Antonia María Chas, e María Ángeles Samperio.
Elsa González releva na presidenta a Magis Iglesias, presidenta da FAPE desde setembro de 2008. A presidenta saínte dirixiuse a máis de 400 profesionais da información durante a ceremonia de inauguración da LXIX Asamblea Xeral da FAPE para pedirlles que “abandonen os personalismos e se defendan en manada” e deste xeito “liderar un proceso de resistencia para combatir a degradación do periodismo”.
Magis Iglesias fixo especial fincapé na devastación do emprego na profesión e reiterou a petición para que se adopten medidas urxentes que axuden a parar o deterioramento da profesión.
A Asemblea Xeral da FAPE celebrouse en Cádiz e coincidiu coa clausura do Congreso da Federación Internacional de Periodistas (FIP). Os dous actos estiveron presididos polos Príncipes de Asturias e enmárcanse no Congreso Mundial de Periodismo que concluíu o pasado 30 de maio na capital gaditana.
No programa da Asemblea Xeral tamén tivo lugar a entrega do II Premio de Periodismo Joven La Pepa 2012, un galardón organizado pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), o Consorcio para a conmemoración Bicentenario e o Instituto de la Juventud de España. O galardón está dotado con 4.000 euros para cada unha das tres: periodismo impreso, dixital e audiovisual e gráfico. Os premiados foron David González Travieso, de Venezuela, na modalidade de xornalismo impreso. Na categoría dixital, o premio recaeu en Eduardo Ponce Roldán, nunha candidatura participada por profesionais de Arxentina, El Salvador e España. Mentres na categoría de gráfico e audiovisual, o premio foi para o español David Berlanga.















