Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

Segundo curso de verán de Reporteros Sin Fronteras e UNED en Pontevedra

29-06-2010

Do 14 ao 16 de xullo desenvólvese a segunda edición do curso de verán que promoven Reporteros Sin Fronteras e UNED en Pontevedra. Nesta ocasión tratarase como afrontan os medios a crise que afecta ao ámbito internacional, particularmente ao mundo da comunicación e os perigos para a liberdade de información.

Neste curso tratarase de dar resposta a como afecta esta situación á actividade dos xornalistas ou se os cambios son culturais ou radicais no exercicio do xornalismo.

Reporteros Sin Fronteras España ofrece 5 bolsas que cubren os gastos de matrícula do curso. Estas bolsas diríxense a socios e afiliados e a membros das asociacións de prensa Afiliadas a RSF España.

Pulse aquí para obter máis información sobre o programa e a matrícula.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

FAPE e Editrain poñen en marcha o primeiro portal de formación en español para xornalistas

29-06-2010

editrain

De esquerda a dereita: Enca Vilchez, directora comercial de Editrain, Jaime Brull, conselleiro delegado, Elsa González Díaz, presidenta da FAPE, e Aurelio Martín, vicepresidente da FAPE e responsable da área de Formación e Novas Tecnoloxías.

 

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), xunto coa consultora Editrain,  acaban de poñer en marcha o primeiro portal en español de formación para xornalistas. O portal comezará a funcionar no mes de setembro, cunha oferta inicial de máis de 43 cursos online. A nova xunta directiva da FAPE ocúpase deste xeito duns dos principais obxectivos do seu mandato, a mellora da cualificación e da profesionalidade dos seus máis de 20.000 asociados, a través de actividades de formación.

A FAPE aposta pola formación en novas tecnoloxías e para iso vinculouse con Editrain, co obxectivo de proporcionarlles aos seus asociados ferramentas de aprendizaxe que capaciten para exercer nun contorno tecnolóxico mutable. Ofreceranse ó redor de 43 cursos, cunha media de 50 horas lectivas e un prezo duns 200 euros.

Catálogo de cursos

A nova plataforma presentará contidos relativos ás novas tecnoloxías e outras disciplinas relacionadas co exercicio do periodismo: iniciación, maquetación e edición dixital, ferramentas 2.0, produción e aspectos legais entre outros temas.

Pulse aquí para acceder ao catálogo de cursos.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A Federación Europea de Periodistas critica os despidos na axencia EFE

28-06-2010

A Federación Europea de Periodistas amosou a súa preocupación polo recente anuncio dos despidos de 22 xornalistas que traballan na axencia EFE. A Federación, xunto coa FAPE, a FeSP e CCOO fan unha chamada á dirección da axencia e aos estamentos públicos para que continuen as negociacións. Durante os últimos meses, a dirección de EFE, os representantes do goberno e os responsables dos sindicatos CCOO e UGT negociaron unha estratexia a longo prazo para superar a situación crítica da axencia tras as controvertidas decisións do seu director, Alex Grijelmo.

O anuncio deses despidos próducese tan só unha semana despois de que o goberno aprobase un decreto para a reforma laboral, que facilita os despoidos en caso de negocios con perdas continuadas.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Curso en liña de introdución ao xornalismo dixital

16-06-2010

A empresa 960 Pixels Comunicación organiza este curso para normalizar ferramentas e conceptos relacionados con contorno dixital no día a día do xornalismo. Está dirixido a xornalistas cun nivel baixo-medio do mundo dixital.
Son 34 horas de curso a realizar nun tempo máximo de 3 meses. Os alumnos disporán dunha plataforma dixital para realizar o curso, adaptando ritmos e horarios de traballo. Tamén terán dispoñible un tutor. A inscrición comeza o 16 de xuño e estará aberta o resto do ano.

Puse aquí para consultar programa, inscrición, prezo e procedemento deste curso.

Actualidade APSC

Curso de especialización en fiscalidade para xornalistas

16-06-2010

Este curso organizado polo grupo Ciss celébrase cada martes, do 22 de xuño ao 13 de xullo en Madrid. Nas ponencias trataranse os seguintes temas: Fiscalidade das operacións vinculadas; Un paseo pola responsabilidade tributaria, supostos na LGT e casos máis relevantes fóra dela; Aspectos fiscais dos procesos concursais e Obrigas de empresas e profesionais na nova lei de branqueamento de capitais. O curso realizarase no Hotel Orense, rúa Pedro Teixeira nº5; 28020 Madrid, de 9:30 a 11:30.

Para máis información e inscricións:
LAURA RODRÍGUEZ
laura.rodriguez@bm.com
tel. 91 384 67 36

GRACIA CALLEJA
gcalleja@ciss.es
tel. 96 310 30 84

Pulse aquí para consultar o programa completo e currículo dos ponentes.

Actualidade APSC

A FAPE felicita a RTVE por etiquetar as roldas de prensa sen preguntas

16-06-2010

A Federación de Asociacións de Periodistas de España aplaude a decisión de RTVE de informar á audiencia de cales son as roldas de prensa sen preguntas, así como de etiquetar as imaxes que foron proporcionadas por partidos políticos. A FAPE recoméndalle a outros medios de comunicación españois que adopten medidas semellantes.

O rexeitamento ás roldas de prensa sen preguntas é unha das principais reivindicacións da Federación, que manifestou a súa preocupación pola tendencia de partidos, administracións e outras institucións a realizar convocatorias onde se lles nega aos informadores o seu dereito a preguntar.

Actualidade APSC

Tarifas especias en hoteis de Asturias e Cantabria

14-06-2010

Os membros de FAPE teñen tarifas especiais e rebaixas de un 10% a un 15% segundo servizos no establecemento Las Caldas Villa Termal (www.lascaldasvillatermal.com), un conxunto de edificios restaurados situados na ribeira do río Nalón, a 8 km de Oviedo. Dispón dun centro termal, zona de tratamentos e restaurante. Para máis información e reservas, os datos de contacto son os seguintes: teléfono 902 12 10 22; fax 985 798 339, correos electrónicos info@lascaldasvillatermal.com e reservas@lascaldas.com.

Pola súa parte, o Gran Hotel Balneario Puente Viesgo (www.balneariodepuenteviesgo.com), en Cantabria mantén un acordo para os asociados de FAPE para este verán cunha oferta especial dunha semana en xuño, xullo e agosto con descontos do 10%. A reserva pódese realizar directamente no teléfono 942 59 80 61. Para máis información, consulte a web de FAPE no apartado Servizos.

Actualidade APSC

Curso de verán Camiño de Santiago, Comunicación e Normativa

14-06-2010

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará o curso de verán Camiño de Santiago, Comunicación e Normativa en Sarria do 26 ao 30 do vindeiro mes de xullo. O número máximo de prazas é de 60.

Para máis información sobre o programa do curso, pulse o seguinte enlace:
http://www.usc.es/cultura/uveran24_10.htm

Para información sobre as inscricións, pulse o seguinte enlace:
http://www.usc.es/cultura/uveran10.htm

Actualidade APSC

O socio da APSC, Enrique de Arce, premiado co Urogallo de la Comunicación

10-06-2010
Enrique de Arce
Enrique de Arce

 

Enrique de Arce Temes, socio da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, recibiu o premio Urogallo de la Comunicación en recoñecemento polo seu compromiso benestar dos galegos e coa riqueza natural de Galicia, en especial a da Serra de Ancares. O premio entregoullo o xefe territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo, Ramón Carballo, en representación da delegada territorial da Xunta Raquel Arias, nun acto organizado polo Club Ancares, entidade que concede anualmente este galardón. O presidente do Club, Alfredo Sánchez Carro, salientou a personalidade profesional e humana do galardoado e a súa indeclinable defensa das xentes e lugares da serra.

O acto de entrega coincidiu coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, organizado polo devandito club e celebrado no albergue que esta entidade ten en Ancares. Arce, a quen lle correspondeu este ano ser o pregoeiro, dixo na súa intervención que “non debemos manternos impasibles ante o incremento do deterioro ambiental. Estamos xogando coa vida do nosos descendentes, co seu benestar, polo que debemos actuar xa, con sentido estrito da responsabilidade que asumimos se contaminamos as augas, o aire, en fin, se degradamos o noso entorno”.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

Segundo curso de verán de Reporteros Sin Fronteras e UNED en Pontevedra

10-06-2010

Do 14 ao 16 de xullo desenvólvese a segunda edición do curso de verán que promoven Reporteros Sin Fronteras e UNED en Pontevedra. Nesta ocasión tratarase como afrontan os medios a crise que afecta ao ámbito internacional, particularmente ao mundo da comunicación e os perigos para a liberdade de información.
Neste curso tratarase de dar resposta a como afecta esta situación á actividade dos xornalistas ou se os cambios son culturais ou radicais no exercicio do xornalismo.

Pulse aquí para consultar o programa e información.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xuño 2010
D L M M X V S
« Mai   Xul »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.