A FAPE pide o respecto dos dereitos dos periodistas en zonas de conflito
A FAPE condena o ataque do exercito israelí contra a Flotilla la Libertad, na que viaxaban máis de cen xornalistas de distintas nacionalidade. Deste xeito expresa a súa repulsa pola actuación das forzas de seguridade israelíes que atacaron, detiveron e mantiveron incomunicados aos informadores que ían en axuda humanitaria con destino a Gaza. A Federación lémbralle tamén ás autoridades israelíes que os Convenios de Xenebra obrigan a protexer aos xornalistas cando realizan o seu traballo en zonas de conflito armado.















