A FAPE asina cos editores compromisos sobre o respecto aos dereitos dos xornalistas
A FAPE asinou un acordo cos editores de medios europeos para impedir a destrución e a precarización do emprego xornalístico, no marco do Encontro de Medios Europeos celebrado en Madrid. Neste encontro naceu a Declaración de Madrid, un acordo no que a Federación fixo valer compromisos para o pleno respecto dos dereitos dos xornalistas.
Na Declaración recóllese o compromiso dos asinantes co emprego xornalístico. Os editores tamén se comprometeron a promover estándares na autoregulación da publicidade. Tamén se recollen aspiracións referentes á formación para profesionais dos medios e a protección dos dereitos de propiedade intelectual.
A FAPE confía na presidencia española da Unión Europea para que os compromisos suscritos se traduzan en medidas que aseguren o presente e o futuro dos medios.















