Actualidade APSC
O socio da APSC, Enrique de Arce, premiado co Urogallo de la Comunicación
10-06-2010

Enrique de Arce
Enrique de Arce Temes, socio da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, recibiu o premio Urogallo de la Comunicación en recoñecemento polo seu compromiso benestar dos galegos e coa riqueza natural de Galicia, en especial a da Serra de Ancares. O premio entregoullo o xefe territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo, Ramón Carballo, en representación da delegada territorial da Xunta Raquel Arias, nun acto organizado polo Club Ancares, entidade que concede anualmente este galardón. O presidente do Club, Alfredo Sánchez Carro, salientou a personalidade profesional e humana do galardoado e a súa indeclinable defensa das xentes e lugares da serra.
O acto de entrega coincidiu coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, organizado polo devandito club e celebrado no albergue que esta entidade ten en Ancares. Arce, a quen lle correspondeu este ano ser o pregoeiro, dixo na súa intervención que “non debemos manternos impasibles ante o incremento do deterioro ambiental. Estamos xogando coa vida do nosos descendentes, co seu benestar, polo que debemos actuar xa, con sentido estrito da responsabilidade que asumimos se contaminamos as augas, o aire, en fin, se degradamos o noso entorno”.















