A Federación Europea de Periodistas critica os despidos na axencia EFE
A Federación Europea de Periodistas amosou a súa preocupación polo recente anuncio dos despidos de 22 xornalistas que traballan na axencia EFE. A Federación, xunto coa FAPE, a FeSP e CCOO fan unha chamada á dirección da axencia e aos estamentos públicos para que continuen as negociacións. Durante os últimos meses, a dirección de EFE, os representantes do goberno e os responsables dos sindicatos CCOO e UGT negociaron unha estratexia a longo prazo para superar a situación crítica da axencia tras as controvertidas decisións do seu director, Alex Grijelmo.
O anuncio deses despidos próducese tan só unha semana despois de que o goberno aprobase un decreto para a reforma laboral, que facilita os despoidos en caso de negocios con perdas continuadas.
A FEP e a FIP están cada vez máis preocupadas pola dramática crise nas axencias de prensa europeas e consideran que os cambios na industria dos medios precisa, máis ca nunca, profesionais independentes, imparciais e de confianza.















