Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

Segundo curso de verán de Reporteros Sin Fronteras e UNED en Pontevedra

29-06-2010

Do 14 ao 16 de xullo desenvólvese a segunda edición do curso de verán que promoven Reporteros Sin Fronteras e UNED en Pontevedra. Nesta ocasión tratarase como afrontan os medios a crise que afecta ao ámbito internacional, particularmente ao mundo da comunicación e os perigos para a liberdade de información.

Neste curso tratarase de dar resposta a como afecta esta situación á actividade dos xornalistas ou se os cambios son culturais ou radicais no exercicio do xornalismo.

Reporteros Sin Fronteras España ofrece 5 bolsas que cubren os gastos de matrícula do curso. Estas bolsas diríxense a socios e afiliados e a membros das asociacións de prensa Afiliadas a RSF España.

Pulse aquí para obter máis información sobre o programa e a matrícula.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

FAPE e Editrain poñen en marcha o primeiro portal de formación en español para xornalistas

29-06-2010

editrain

De esquerda a dereita: Enca Vilchez, directora comercial de Editrain, Jaime Brull, conselleiro delegado, Elsa González Díaz, presidenta da FAPE, e Aurelio Martín, vicepresidente da FAPE e responsable da área de Formación e Novas Tecnoloxías.

 

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), xunto coa consultora Editrain,  acaban de poñer en marcha o primeiro portal en español de formación para xornalistas. O portal comezará a funcionar no mes de setembro, cunha oferta inicial de máis de 43 cursos online. A nova xunta directiva da FAPE ocúpase deste xeito duns dos principais obxectivos do seu mandato, a mellora da cualificación e da profesionalidade dos seus máis de 20.000 asociados, a través de actividades de formación.

A FAPE aposta pola formación en novas tecnoloxías e para iso vinculouse con Editrain, co obxectivo de proporcionarlles aos seus asociados ferramentas de aprendizaxe que capaciten para exercer nun contorno tecnolóxico mutable. Ofreceranse ó redor de 43 cursos, cunha media de 50 horas lectivas e un prezo duns 200 euros.

Catálogo de cursos

A nova plataforma presentará contidos relativos ás novas tecnoloxías e outras disciplinas relacionadas co exercicio do periodismo: iniciación, maquetación e edición dixital, ferramentas 2.0, produción e aspectos legais entre outros temas.

Pulse aquí para acceder ao catálogo de cursos.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xuño 2010
D L M M X V S
« Mai   Xul »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.