Payday loans Car insurance

FAPE e Editrain poñen en marcha o primeiro portal de formación en español para xornalistas

editrain

De esquerda a dereita: Enca Vilchez, directora comercial de Editrain, Jaime Brull, conselleiro delegado, Elsa González Díaz, presidenta da FAPE, e Aurelio Martín, vicepresidente da FAPE e responsable da área de Formación e Novas Tecnoloxías.

 

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), xunto coa consultora Editrain,  acaban de poñer en marcha o primeiro portal en español de formación para xornalistas. O portal comezará a funcionar no mes de setembro, cunha oferta inicial de máis de 43 cursos online. A nova xunta directiva da FAPE ocúpase deste xeito duns dos principais obxectivos do seu mandato, a mellora da cualificación e da profesionalidade dos seus máis de 20.000 asociados, a través de actividades de formación.

A FAPE aposta pola formación en novas tecnoloxías e para iso vinculouse con Editrain, co obxectivo de proporcionarlles aos seus asociados ferramentas de aprendizaxe que capaciten para exercer nun contorno tecnolóxico mutable. Ofreceranse ó redor de 43 cursos, cunha media de 50 horas lectivas e un prezo duns 200 euros.

Catálogo de cursos

A nova plataforma presentará contidos relativos ás novas tecnoloxías e outras disciplinas relacionadas co exercicio do periodismo: iniciación, maquetación e edición dixital, ferramentas 2.0, produción e aspectos legais entre outros temas.

Pulse aquí para acceder ao catálogo de cursos.

Outros cursos

Pola súa banda, os cursos AEDE 2010 son gratuítos para socios e socias da FAPE que traballan en medios co convenio da Asociación de Editores de Diarios Españoles (AEDE), así como para asociados da FAPE autónomos ou desempregados.

Pulse aquí para consultar o listado de cursos.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xuño 2010
D L M M X V S
« Mai   Xul »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.