Payday loans Car insurance

Actualidade APSC

A FAPE rexeita calquera intento de control político das televisións

26-07-2010

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) rexeita calquera intento de control político nas televisións públicas e privadas. Segundo a Federación, o acordo asinado entre o PP e o PSOE polo cal os bloques electorais, proporcionais en función dos resultados nos comicios electorais, dentro dos informativos das televisións privadas, constitúe un atentado contra a liberdade editorial e de programación das empresas.

A FAPE considera que a intención dos partidos políticos de impoñer estes bloques é un intento de converter a información en altofalante de mensaxes políticos e un empeño en anular a profesión xornalística. Por iso, a FAPE esíxelles aos partidos que revisen o texto do acordo, destinado a converterse en proposición de lei, e non traten de coartar o dereito da cidadanía a recibir información libre e veraz.

Actualidade APSC

II Campionato de España de Ciclismo para Periodistas

26-07-2010

O Club Ciclista Ebro de Zaragoza convoca por segundo ano o Campionato de España de Ciclismo para Periodistas. A proba celebrarase o 24 de outubro de 2010 nun percorrido de 55 quilómetros que parte e finaliza en Huesca, sen especiais dificultades orográficas. Establécense catro categorías para homes e dúas para mulleres. Os participantes deberán estar en posesión da licencia federativa en vigor, así como ser membros de FAPE. A preinscrición finaliza o 4 de outubro.

Para máis información, pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

Premio FIP Periodismo para la tolerancia

14-07-2010

A Federación Internacional de Periodistas convoca o Premio FIP Periodismo para la tolerancia cun premio de 1.000 dólares aos xornalistas de América Latina que destaquen nos seus traballos xornalísticos temas que combatan o racismo e a discriminación, que sexan difundidos a través de prensa escrita, dixital, fotografía, radio e televisión. O concurso ten por obxectivo que os periodistas da zona promovan a tolerancia e a defensa dos dereitos humanos, sobre todo á hora de informar sobre grupos minoritarios.

Poden participar todos os xornalistas que traballan nos medios de comunicación locais de América Latina. Teñen que ter publicado ou emitido os traballos durante o 2009. Para máis información e inscricións: http://americalatina.ifj.org/es

Actualidade APSC

O presidente da Xunta respalda á FAPE na súa batalla contra as roldas de prensa sen preguntas

08-07-2010

audiencia

De esquerda a dereita: Luís Menéndez, presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Alfonso Cabaleiro, secretario Xeral de Medios, Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, Elsa González Díaz, presidenta da FAPE, José Francisco Rodil vicepresidente da Asociación da Prensa de Santiago e Xulia Campo,  presidenta da Agrupación de Mulleres Periodistas da APSC.

 

  • A nova presidenta da Federación, Elsa González Díaz, presenta o seu programa de traballo a Alberto Núñez Feijoo, na súa primeira visita a un mandatario autonómico

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, manifestou o seu rexeitamento ás roldas de prensa sen preguntas, en respaldo á batalla da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) contra a crecente tendencia deste tipo de convocatorias.

O presidente recibiu unha comitiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Comopostela e da FAPE, encabezada pola nova presidenta da Federación, Elsa González Díaz. Neste encontro, transmitíuselle ao presidente da Xunta a preocupación polas comparecencias públicas habituais nas que os xornalistas non poden exercer o seu dereito a interpelar.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

I Premio de Microensaio Solidaridad en la Diversidad

08-07-2010

Unha dotación económica de 1.000 euros para o I Premio de Microensaio Solidaridad en la Diversidad destacará aquel traballo cunha extensión máxima de dez folios que trate sobre a loita contra a discriminación das persoas con diversidade funcional (discapacidade) en España. Todos os ensaios entregaranse antes do 1 de decembro de 2010 ao enderezo solcom@asociacionsolcom.org, facendo constar  o texto: “Ier Premio Microensayo” no asunto da mensaxe. A Asociación SOLCOM, Asociación para la solidaridad comunitaria de las personas con diversidad funcional y la inclusión social convoca este premio.´

Máis información: www.solcom.org
Pulse aquí e consulte as bases.

Actualidade APSC

A FAPE felicítase pola absolución do subdirector el El Mundo, Antonio Rubio

08-07-2010

A FAPE alégrase de que o subdirector do diario El Mundo, Antonio Rubio, fose absolto tras a acusación por un delito de revelación de segredos. O xornalista enfrontábase a unha pena de tres anos de cárcere por publicar informacións relativas a unha testemuña protexida do sumario do 11-M en 2005. A FAPE manifestou o seu respaldo ao subdirector na súa defensa do dereito a informar.

A titular do Xulgado do Penal número 5 de Madrid ratifica o exposto pola Comisión de Queixas e Deontoloxía da FAPE que sostén que non pode afirmarse que a información publicada por Antonio Rubio leve canda si riscos para a testemuña protexida.

Actualidade APSC

Descontos para asociados en cruceiros e hoteis

06-07-2010

A través dos acordos que asinou a FAPE, os asociados e asociadas da APSC teñen un desconto do 12% nos produtos publicados no catálogo de Hurtigren Spain 2010, www.hurtigrutenspain.com, unha compañía especializada en cruceiros pola costa de Noruega, Groenlandia e a Antártida. A reserva e contratación da viaxe débense efectuar exclusivamente con Hurtigruten Spain, a través do número de teléfono 934152719 ou a través do enderezo toni@hurtigrutenspain.com. Tamén se poden facer reservas directas a través da web ata o 31 de decembro de 2010.

No Parque Natural Cabo de Gata, na costa de Almería, o Hotel Rodalquilar de Níjar, www.hotelrodalquilar.com, ofrece un desconto de ata un 20%, 15% ou 5% en temporada baixa, media e alta respectivamente. Para iso cómpre acreditarse co carné de xornalista da FAPE. Para información e reservas: teléfono 950389838, fax 950389839 e correo electrónico info@hotelrodalquilar.com.

[Pulsa para ler o resto da noticia]

Actualidade APSC

A FAPE aplaude a reapertura do caso Couso

06-07-2010

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) celebra a reapertura da causa pola morte do cámara español José Couso, por parte do Tribunal Supremo. A FAPE considera unha boa nova para a liberdade de prensa que a máxima instancia xudicial española estimara o recurso presentado pola familia e se evitara o arquivo da causa por parte da Audiencia Nacional. A FAPE agarda que a investigación evite, deste xeito, que a morte dun compañeiro quede impune.

Actualidade APSC

Enquisa mundial sobre os salarios dos xornalistas

06-07-2010

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) realiza unha chamada aos profesionais para que participen nunha enquisa que ten por finalidade valorar os salarios dos xornalistas a nivel mundial. A Federación Internacional de Periodistas (FIP), da que forma parte a FAPE, encargarase de realizar esta enquisa na que se compararán os salarios de 1.500 profesións en 400 sectores de 48 países. É a primeira vez que se avalían os salarios de xornalistas.

A participación desenvólvese a través do portal www.tusalario.es  e ten previsto medir o salario medio dos xornalistas con experiencia, as percepcións dos máis novos e se existen diferenzas entre os soldos de homes e mulleres. Os resultados publicaranse en distintos idiomas e estarán dispoñibles na rede. Todos os membros da APSC poden participar nesta enquisa, na que se agradece a súa colaboración.

Actualidade APSC

Máster universitario en creación, desenvolvemento e comercialización de contidos audiovisuais da Universidade de Vigo

05-07-2010

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra desenvolverá no vindeiro curso 2010-2011 o “Máster universitario en creación, desenvolvemento e comercialización de contidos audiovisuais”. O prazo de matrícula para inscribirse remata o vindeiro 15 de xullo. Para máis información, pulse no seguinte enlace:
http://webs.uvigo.es/mastercontenidosaudiovisuales/

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xullo 2010
D L M M X V S
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.