Actualidade APSC
A FAPE rexeita o arquivado definitivo do caso Couso
02-07-2010
A Federación de Asociacións de Periodistas de España lamenta a decisión da Audiencia Nacional de arquivar definitivamente o caso José Couso, cámara español que faleceu en marzo de 2003 en Bagdad como consecuencia dun disparo desde un vehículo militar estadounidense.
A FAPE considera unha mala noticia para a liberdade de prensa que a morte dun compañeiro quede impune e solidarízase coa familia Couso Permuy na súa loita para aclarar a verdade e facer xustiza.















