Payday loans Car insurance

O presidente da Xunta respalda á FAPE na súa batalla contra as roldas de prensa sen preguntas

audiencia

De esquerda a dereita: Luís Menéndez, presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Alfonso Cabaleiro, secretario Xeral de Medios, Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, Elsa González Díaz, presidenta da FAPE, José Francisco Rodil vicepresidente da Asociación da Prensa de Santiago e Xulia Campo,  presidenta da Agrupación de Mulleres Periodistas da APSC.

 

  • A nova presidenta da Federación, Elsa González Díaz, presenta o seu programa de traballo a Alberto Núñez Feijoo, na súa primeira visita a un mandatario autonómico

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, manifestou o seu rexeitamento ás roldas de prensa sen preguntas, en respaldo á batalla da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) contra a crecente tendencia deste tipo de convocatorias.

O presidente recibiu unha comitiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Comopostela e da FAPE, encabezada pola nova presidenta da Federación, Elsa González Díaz. Neste encontro, transmitíuselle ao presidente da Xunta a preocupación polas comparecencias públicas habituais nas que os xornalistas non poden exercer o seu dereito a interpelar.


A nova presidenta da FAPE aproveitou a ocasión para presentar o seu programa de traballo ao presidente da Xunta de Galicia, con atención especial á precariedade do traballo periodístico e á triple crise: conxuntural, de modelo e tecnolóxica que atravesa a profesión.

Na súa primeira visita oficial a un mandatario autonómico,  González Díaz instou ao presidente da Xunta a corrixir a elevada temporalidade na Compañía Pública de Radio Televisión de Galicia, con case un 90% de periodistas traballando con este modelo laboral.

Neste senso, Núñez Feijoo interesouse polo cambio de modelo nos medios de comunicación, a rendibilidade dos novos medios dixitais e a propiedade das empresas informativas, censurando a compra de cabeceiras por empresarios alleos ao exercicio xornalístico.

O presidente da Xunta tamén recibiu con beneplácito a iniciativa das Asociacións da Prensa de Santiago de Compostela, Navarra, A Rioxa e Castela e León para promover o Xacobeo 2010 entre o colectivo de xornalistas.

 
 

Atópanos en Facebook

Atópanos en Facebook
 
 
Xullo 2010
D L M M X V S
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 
 
As?ciate
 
Bolsa de emprego FAPE
 
 
 
 
Premio Borobo
 
 
 
Cartas de Borobó
Talaso Talaso
Portomeloxo

 

Convenio Portomeloxo
 
Gu?a de servizos e promoci?ns
 
Espello
Agrupaci?n de mulleres xornalistas
 
 
FAPE
 
FEGAPE
 
FIP
 
RSF
 


Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela - Se tés algunha suxerencia, avísanos en apsantiagoc@hotmail.com
Os contidos están baixo licenza Creative Commons 3.0salvo que se indique o contrario
Páxina web realizada con Wordpress.