Convocada a VII edición do premio de periodismo Carmen Goes
O premio Carmen Goes está dotado con 2.000 euros para cada unha das modalidades: prensa, radio e televisión e outorgarase a aqueles traballos que mellor contribúan á defensa e difusión dos valores vinculados coa iguadade de sexos e coa promoción do papel da muller na sociedade.
Admítense candidaturas a proposta de asociacións de mulleres, medios de comunicación, institucións públicas, asociacións culturais, do propio interesado, etc. O prazo de presentación finaliza o 29 de outubro de 2010.
Para máis información sobre o premio pulse aquí e consulte as bases.















