I Encontro de Periodistas Galegas e III Encontro Estatal de Periodistas con Visión de Xénero
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela organiza o I Encontro de Periodistas Galegas e o III Encontro Estatal de Periodistas con Visión de Xénero, que se celebrarán o vindeiro 25 de setembro no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
O I Encontro pretende ser un foro de encontro e debate das periodistas de Galicia preocupadas pola súa situación nos medios de comunicación como traballadoras e transmisoras de conceptos relacionados coas mulleres. Analizaranse temas como a visión de xénero na información, o “empoderamento” e a crise global. Pola súa banda, o III Encontro vai reunir a periodistas da Rede Estatal de Periodistas con Visión de Xénero para ver a situación das redes e a súa evolución desde encontros anteriores.
Para máis información, pulse aquí para consultar o borrador do programa (galego).
Para máis información, pulse aquí para consultar el borrador del programa (castellano).
















