A FAPE condena a agresión contra un equipo de Telecinco en Guadalajara
A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) repudia as agresións que sufriu un equipo de Telecinco o primeiro de setembro cando estaba a cubrir os encerros de touros en Sacedón, Guadalajara. Varios veciños agrediron a un grupo de antitaurinos que se manifestaron no lugar e ao equipo da televisión privada.
A FAPE considera intolerables actuacións deste tipo e require respecto ao traballo dos xornalistas para a construción dunha sociedade libre e plural, para que os periodistas poidan informar en liberdade, sen sufrir agresións nin presións. A Federación esíxelle á delegación do goberno en Castilla La Mancha unha investigación dos feitos e solidarízase cos compañeiros agredidos.















