Descontos en servizos para asociados de FAPE
A empresa de reservas por Internet, Hotelopia, que ofrece rebaixas do 11% sobre o prezo mínimo garantizado, presenta unha oferta especial para a ponte do Pilar, exlcusiva para asociados da FAPE, familiares e amigos, a destinos como Sevilla, Gran Canaria, Salou, Tenerife ou Madrid en España; Praga, París e Londres en Europa; desde 45 euros e ata un 60% de desconto.
Pulse aquí para consultar as ofertas.
Air Berlín, Mazda e casa rural La Solana tamén presentan vantaxes para asociados e asociadas a FAPE.
Air Berlín modificou as condicións especiais para xornalistas de FAPE en voos de vacacións. Ofrece un desconto único do 25% sobre o prezo neto en voos de Air Berlin e Niki, que se aplicará baixo dispoñibilidade na clase correspondente de reserva (para titular do carné e máis acompañante). Para iso cómpre obter un número de cliente, previa realización dun cuestionario, válido para un ano. As reservas teñen que efecturase a través do Departamento Interline, no enderezo interline-pmi@airberlin.com ou ben a través do fax 971 43 67 29. Para máis información, chame ao número 971 44 86 26, de luns a venres de 9.00 a 17.00 horas.
A marca de vehículos Mazda ofrece rebaixas a periodistas en todos os concesionarios de España. No concesionario Dédalo Motor de Madrid, presenta unhas vantaxes especiais con máis de 4.500 euros de desconto segundo vehículo, financiación fácil e persoal e outros beneficios. Para máis información: 914720100, Rúa General Ricardos, 144, de Madrid (metro Oporto). Correo electrónico: vrodriguez@dedalomotor.com
A Casa rural La Solana (www.cercedillarural.com), situada en Cercedilla, a 55 quilómetros de Madrid, ofrece un 12% de desconto para os socios de FAPE. Dispón de catro habitacións, todas con baño, e unha capacidade máxima de dez persoas. Posúe cociña completa, lavadora, TV por satélite e DVD. A vivenda ten dous pisos e está dentro dun bosque de pinos. Máis información: 658 02 07 80.















